Mundo

Traducen por vez primeira ao portugués un conxunto de cartas escritas en lingua tupí

Un conxunto de seis cartas escritas en 1645 na lingua indíxena tupí foron traducidas por primeira vez ao portugués e ofrecen un valioso testemuño do Brasil colonial.

Fonte: Folha de São Paulo

 

Un xornal dixital portugués terá noticias escritas en crioulo

Un proxecto para a divulgación de linguas minoritarias permitirá que o xornal dixital Mensagem de Lisboa teña noticias en crioulo caboverdiano.

Fonte: Público

A Eurorrexión Pireneos Mediterráneo quere potenciar o uso do catalán e o occitano

A Eurorrexión Pireneos Mediterráneo crea un grupo de linguas para potenciar o uso do catalán e o occitano. Levaranse a cabo dous proxectos piloto, un para promover o uso do catalán e o occitano entre a rapazada e outro para potenciar o intercambio de experiencias no ensino de linguas.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Alemaña abandona a lista dos dez mellores países de dominio da lingua inglesa

O novo índice de dominio en inglés da EF (EF EPI, polas súas siglas en inglés) establece que Alemaña ocupa agora a posición once polo que caería da lista dos dez mellores países onde máis se domina a lingua inglesa.

Fonte: I am expat

 

Un proxecto presenta manuais de lingua portuguesa para fins específicos

Un proxecto luso-europeo sobre supervisión das finanzas públicas timorenses presentou doce manuais de portugués para fins específicos no ámbito dunha formación nesta lingua.

Fonte: Plataforma Media

Oficiais do Goberno de Vietnam propoñen oficializar o 8 de setembro como o día da lingua vietnamita

Un grupo de expertos e oficiais do Goberno de Vietnam propuxeron decretar o día 8 de setembro como o día da lingua vietnamita na comunidade de cidadáns vietnamitas que viven no exterior.

Fonte: Vietnam Plus

O confinamento da covid-19 afectou negativamente as habilidades de expresión oral do alumnado galés

Un informe realizado polo comité de vixilancia de educación do País de Gales constata que o alumnado perdeu habilidades de expresión oral en galés durante o confinamento a causa da covid-19.

Fonte: Nation Cymru

A China incrementa a presión sobre as linguas minorizadas cunha campaña de promoción do chinés mandarín

O Goberno da China iniciou unha campaña para promover o uso do chinés mandarín en detrimento doutros dialectos e linguas minorizadas como o tibetano ou o uigur.

Fonte: RTP

Un estudo mostra que Gales superará o millón de falantes de galés antes de 2050

Un estudo realizado pola empresa Preply predi que para o ano 2050 o País de Gales superará o millón de falantes de galés. Desde 2020, o país británico gañou 26000 novos falantes.

Fonte: Business News Wales

A oposición dos partidos de dereita obriga a retirar as directrices de uso da linguaxe inclusiva na Comisión Europea

A Unión Europea decidiu retirar as novas directrices de uso de linguaxe inclusiva na Comisión Europea tras a oposición firme de varios políticos de dereita.

Fonte: The Guardian

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder