Mundo

O Ministerio de Educación de Francia promete apoiar o ensino do portugués

O ministro de Educación de Francia, Jean-Michel Blanquer, prometeu nunha feira sobre a aprendizaxe de linguas estranxeiras que apoiará o desenvolvemento do portugués no ensino.

Fonte: Observador

Portugal fará campañas de concienciación sobre a diversidade da lingua portuguesa

Ante os recentes casos de discriminación, o Ministerio de Educación de Portugal anunciou que vai potenciar a concienciación do profesorado de ensino público sobre a diversidade do portugués e a tolerancia da variedade brasileira.

Fonte: O Globo

O profesorado inglés rexeita un plan do goberno para incrementar o número de matrículas en materias lingüísticas

Unha boa parte do profesorado de Inglaterra rexeita o novo plan que quere implementar o goberno para incentivar a aprendizaxe de linguas estranxeiras nas escolas de ensino secundario. A medida contempla impor a memorización de listas de palabras.

Fonte: The Guardian

Inaugúrase a primeira licenciatura de estudos chineses en Cabo Verde

A Universidade de Cabo Verde inaugurou a primeira licenciatura en Lingua, Literatura e Cultura Chinesas do país insular. De momento xa se inscribiu un total de 20 alumnas e alumnos.

Fonte: Plataforma Media

A ministra de Cambio Climático do País de Gales prepara un plan para paliar o impacto que as novas construcións teñen sobre as comunidades falantes de galés

A ministra de Cambio Climático do Goberno de Gales, Julie James, declarou que un novo plan abordará o impacto que a construción de novas vivendas pode ter nas comunidades falantes de galés.

Fonte: Property Reporter

O Premio José Saramago muda as súas condicións de participación

A partir do próximo ano, o Premio Literario José Saramago pasará a premiar obras de ficción inéditas de autoras e autores de lingua portuguesa que teñan un máximo de 40 anos.

Fonte: Observador

A Cámara Lexislativa do Distrito Federal do Brasil aproba a inclusión do español como lingua obrigatoria no ensino

A Cámara Lexislativa do Distrito Federal do Brasil aprobou a inclusión do español como lingua obrigatoria no ensino medio dos centros públicos.

Fonte: Metrópoles

A ministra de Linguas Oficiais do Canadá promoverá as linguas indíxenas canadenses

A nova ministra de Linguas Oficiais do Canadá, Ginette Petitpas Taylor, afirmou que o seu mandato garantirá a preservación das linguas indíxenas do Canadá e a promoción do francés en todo o país.

Fonte: CBC

Un acordo de goberno na Asemblea de Gales garantirá o impulso da lingua galesa

Un acordo de lexislatura entre laboristas e independentistas na Asemblea de Gales permitirá impulsar o uso vehicular do galés por medio dunha Lei de Ensino en Lingua Galesa.

Fonte: Nationalia

Organizacións en defensa do gaélico critican a demora na aprobación de lexislación en materia lingüística no Parlamento do Reino Unido

Organizacións a prol do gaélico irlandés, como Conradh na Gaeilge, declararon que é inaceptable que o Parlamento do Reino Unido en Westminster siga demorando a aprobación de lexislación que garanta e protexa o uso do gaélico irlandés en Irlanda do Norte.

Fonte: The Irish News

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder