Mundo
Algunhas páxinas da Wikipedia en linguas diferentes ao inglés ofrecen información enganosa sobre o cambio climático
Representantes da Fundación Wikipedia alertaron que certas entradas da enciclopedia virtual sobre o cambio climático en linguas como o suahili ou o bielorruso ofrecen información enganosa ou conspiradora non contrastada pola ciencia.
Fonte: BBC
O Parlamento de Timor Leste cuestiona o dominio da lingua portuguesa por parte dos docentes
Un grupo de deputadas e deputados do Parlamento Nacional de Timor Leste presentou un relatorio onde se cuestiona o dominio da lingua portuguesa por parte da comunidade docente do país e propón un cambio na súa formación.
Fonte: SAPO
Un proxecto da illa de Man aspira a fortalecer o vínculo entre varios lugares de fala gaélica
Un grupo de profesoras da illa de Man elaborou un conxunto de pósters trilingües (en manés, gaélico escocés e irlandés) sobre varios temas co fin de que as persoas que aprenden a lingua manesa na illa de Man coñezan e fortalezan os vínculos culturais e lingüísticos con outros lugares de fala gaélica das illas británicas.
Fonte: IOM Today
Siria afianza o ensino da lingua rusa nas escolas
Autoridades do departamento de Educación de Siria confirmaron que un total de 31 mil estudantes aprenderon ruso desde a posta en marcha do Proxecto Nacional de Ensino que impulsa a aprendizaxe deste idioma eslavo.
Fonte: Prensa Latina
O Teatro Nacional de Suecia presenta a súa primeira produción en lingua yiddish
O Teatro Dramático Real de Suecia, o máis importante do país escandinavo, presenta a obra Waiting for Godod, a primeira produción feita en lingua yiddish que se representa na historia do coñecido teatro.
Fonte: Jewish Telegraphic Agency
EUA aproba unha lei que obriga a incluír sinalización multilingüe nos aeroportos estadounidenses
A Cámara de Representantes dos EUA aprobou unha lei que garante a incorporación de sinais en linguas estranxeiras nos aeroportos estadounidenses. O obxectivo é facilitar o tránsito de turistas estranxeiros.
Fonte: Las Vegas Review Journal
A canle de lingua galesa S4C presenta a súa nova directora
A canle pública de lingua galesa S4C presentou a Siân Doyle como nova directora executiva, cargo que comezará a desempeñar a comezos do ano próximo.
Fonte: Business Live
A canle de televisión francesa France 3 prepara unha programación especial en linguas rexionais
A canle de televisión pública France 3 preparou unha programación especial en 9 linguas rexionais francesas en ocasión da Semana das Linguas Rexionais que terá lugar entre o 22 e o 28 de novembro.
Fonte: Jornalet
Grupos a prol do gaélico irlandés mobilízanse para esixir unha lexislación que protexa a súa lingua en Irlanda do Norte
Representantes de arredor de 50 grupos e asociacións en defensa do gaélico irlandés mobilizáronse en Belfast para demandarlle ao secretario de Estado de Irlanda do Norte, Brandon Lewis, que actúe para garantir a aprobación dunha lei que protexa e promocione o idioma.
Fonte: RTÉ
Cen axentes da policía portuguesa dominan a lingua de signos para ofrecer atención adecuada á comunidade de persoas xordas
Un total de cen axentes da policía de seguranza pública portuguesa domina a lingua de signos co fin de dar unha atención adecuada ás máis de cen mil persoas xordas que viven en Portugal.
Fonte: RTP
Boletín
Subscríbase ao boletín