Mundo
As Forzas Armadas de Guinea-Bissau pídenlle a Portugal formación en lingua portuguesa
O xefe de estado das Forzas Armadas de Guinea-Bissau solicitou a Portugal apoio para brindarlles aos militares guineanos formación en lingua portuguesa.
Fonte: Notícias ao Minuto
Libros de texto serbios negan a existencia da lingua croata
Varias fontes escritas de Croacia informaron de que un libro de texto de ensino primario nega a existencia da lingua croata. O asunto chegou mesmo a ser duramente criticado polo primeiro ministro croata Andrej Plenković.
Fonte: Euroactiv
Coímbra inicia os trámites para ser a sede europea do Museo da Lingua Portuguesa

A cidade portuguesa de Coímbra crea as bases para se converter no polo europeo do Museo de Lingua Portuguesa de São Paulo. A iniciativa estará integrada no proxecto que Coímbra presentará á candidatura de Capital Europea da Cultura en 2027.
Fonte: Público
Responsables da xustiza do Perú reciben formación en lingua quechua
A Comisión Permanente de Acceso á Xustiza de Persoas en Condición de Vulnerabilidade do Perú ofrece un curso virtual de quechua que ten como obxectivo brindar un mellor acceso á xustiza ás persoas que empregan esta lingua como principal modo de expresión.
Fonte: La República
O Quebec destinará medio millón de dólares á promoción da lingua francesa
O Goberno do Quebec destinará medio millón de dólares á promoción da lingua francesa entre a poboación inmigrante, especialmente na rexión de Montreal.
Fonte: Coast Reporter
Un estudo constata o baixo número de docentes de inglés no Brasil
Un estudo realizado polo Observatorio para o Ensino da Lingua Inglesa revela que o Brasil ten pouco profesorado de inglés, un docente por cada 300 estudantes. A sondaxe tamén constatou que unha parte do profesorado non ten a formación adecuada.
Fonte: Estado de Minas
Indíxenas brasileiros queren fundar a primeira Academia da Lingua Nheengatu
Un grupo de docentes e indíxenas da Amazonia brasileira quere crear a primeira Academia da Lingua Nheengatu co fin de crear estratexias de ensino deste idioma nas comunidades e en liña.
Fonte: Amazonia Real
Países de lingua portuguesa e española unen as súas forzas para crear unha plataforma de cooperación xurídica internacional
Os ministerios de Xustiza dun total de 28 países de lingua oficial portuguesa e española participarán nun encontro en Tenerife para crear a plataforma de cooperación xurídica internacional Iberi@.
Fonte: Notícias ao Minuto
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciará no Consello de Europa un caso de vulneración da Carta Europea das Linguas
A Mesa pola Normalización Lingüística denunciará perante o Consello de Europa en Estrasburgo a denegación dunhas axudas ao Concello de Cambados por presentaren a documentación en galego. Para a entidade isto é un claro caso de vulneración da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias por parte do Goberno de España.
Fonte: Nós Diario
O primeiro ministro do Perú anuncia a creación dunha plataforma nacional para o ensino do quechua
O primeiro ministro do Perú, Guido Bellido, anunciou o lanzamento dunha plataforma nacional de formación virtual para que toda a cidadanía do país andino poida aprender ou fortalecer os seus coñecementos de quechua.
Fonte: Agencia Peruana Andina
Boletín
Subscríbase ao boletín