Mundo

O metro de Moscova introduce sinais en uzbeko e taxico en dúas paradas

O metro de Moscova engadiu sinais en taxico e uzbeko en dúas paradas co obxectivo de orientar mellor as persoas migrantes de Uzbekistán e Taxikistán que vivan na capital rusa.

Fonte: The Moscow Times

A Universidade de Macau promove unha iniciativa de intercambio de recursos bibliotecarios en lingua portuguesa

A Universidade de Macau creará unha iniciativa para compartir e desenvolver recursos de bibliotecas en lingua portuguesa. O obxectivo é crear unha alianza académica entre Macau e outras universidades lusófonas.

Fonte: Jornal da USP

Diversos actos celebran os 700 anos da morte de Dante Alighieri

Diversos actos en Italia conmemoran os 700 anos da morte de Dante Alighieri, o pai da lingua e literatura italianas.

Fonte: Corriere della Sera

O Museo do Indio de Río de Xaneiro ofrece un curso de guaraní

Alberto Tupã Ra'y, profesor da Universidade Federal Fluminense (UFF), impartirá un curso de introdución á lingua guaraní no Museo do Indio de Río de Xaneiro.

Fonte: Brasil de Fato

Critican o pouco apoio que o Goberno da República de Irlanda destina á canle de televisión en gaélico

O director xeral de TG4, unha plataforma de contidos audiovisuais en gaélico irlandés, criticou a pouca ambición que mostra o Goberno da República de Irlanda á hora de apoiar a canle.

Fonte: Nation Cymru

Unha iniciativa a prol da lingua maorí quere congregar 2 millóns de participantes

A iniciativa Māori Language Moment, creada co gallo da Semana da Lingua Maorí, quere bater o récord mundial congregando dous millóns de participantes. O obxectivo é animar as persoas a aprenderen a lingua vernácula de Nova Zelandia.

Fonte: TVNZ

A sinatura da Carta Europea das Linguas Rexionais por Portugal dálle azos á lingua mirandesa

O presidente da Cámara Municipal de Miranda do Douro, Artur Nunes, considera a sinatura da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias por parte do Estado portugués como un acto histórico que leva a lingua mirandesa a un novo nivel de protección.

Fonte: Jornal de Notícias

A China e Vanuatu asinan un acordo para promover o ensino do chinés

O ministro de Educación de Vanuatu e o embaixador da China asinaron un acordo para a promoción do ensino do chinés mandarín no país insular.

Fonte: Xinhuanet

O Perú censura o uso do quechua no Congreso

Un discurso pronunciado en quechua polo primeiro ministro do Perú, Guido Bellido, foi censurado no Congreso e abre un intenso debate sobre a discriminación das linguas orixinarias no país andino.

Fonte: Público

Unha investigación defende unha nova orixe da lingua hawaiana

Unha nova investigación suxire que a lingua hawaiana, falada actualmente no arquipélago de Hawai, provén de atois situados preto das Illas Salomón e non de colonos orixinarios de Samoa, tal e como se pensaba até agora.

Fonte: Hawai'i Public Radio

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder