Mundo
Lanzan unha campaña en liña en Marrocos para que o inglés sexa a primeira lingua estranxeira nas escolas
Un grupo de cidadáns e cidadás marroquís lanzou unha campaña en liña para que o inglés substitúa o francés como primeira lingua estranxeira nas escolas.
Fonte: Middle East Eye
Increméntase o número de escolas primarias de inmersión en gaélico irlandés
O número de escolas primarias que ensinan por medio do gaélico irlandés na República de Irlanda atinxiu un novo récord ao chegar a 260 neste novo curso académico. No último período o número de escolas de inmersión ascendía a 247.
Fonte: The Irish Times
Diferentes asociacións de Escocia reciben 600 000 euros para apoiar o gaélico
Diferentes asociacións de toda Escocia recibirán unha partida de 600 000 euros para apoiar proxectos que promovan o uso do gaélico escocés e eviten a súa desaparición.
Fonte: The Press and Journal
Máis de 500 escolas primarias de toda Irlanda acolleranse a un programa para aprender linguas europeas
Máis de 500 escolas primarias de toda Irlanda promoverán o ensino de linguas estranxeiras mediante un programa europeo.
Fonte: The Connaught Telegraph
Europa celebra o Día Europeo das Linguas

Como cada 26 de setembro desde 2001, Europea celebra o Día Europeo das Linguas, unha iniciativa impulsada polo Consello de Europa co obxectivo de dar a coñecer a diversidade lingüística do continente e impulsar entre a poboación a aprendizaxe de linguas, tanto dentro como fóra das escolas.
Fonte: EDL
Un proxecto pretende difundir coñecemento en internet nunha lingua nativa de Mozambique
Un proxecto pretende difundir coñecemento na enciclopedia dixital da Wikipedia publicando artigos en macua, a principal lingua nativa de Mozambique.
Fonte: DW
A Asemblea da República de Portugal aproba a protección e valorización do barranqueño
A Asemblea da República portuguesa aprobou por unanimidade a protección e promoción do dialecto barranqueño e da súa identidade cultural.
Fonte: Observador
Portugal celebra o Día da Lingua Mirandesa
Portugal celebra por primeira vez o Día da Lingua Mirandesa coa intención de divulgar e promover o segundo idioma oficial do país. Ao mesmo tempo, no concello de Miranda do Douro dan comezo as clases de mirandés en diferentes niveis educativos.
Fonte: RTP Notícias
O alcalde de São Paulo quere que o guaraní se converta na segunda lingua oficial da cidade
O alcalde São Paulo, Ricardo Nunes, presentou unha proposta formal na cámara municipal para que o guaraní se converta na segunda lingua oficial da cidade. O proxecto prevé tanto a introdución da lingua no ensino como a produción de documentos públicos e institucionais neste idioma.
Fonte: MercoPress
Un plan de mellora da educación en galés será sometido a consulta pública en Gales
A autoridade unitaria de Powys no País de Gales vai someter a consulta pública un ambicioso plan para mellorar a competencia en lingua galesa na poboación durante os próximos dez anos.
Fonte: Powys County Times
Boletín
Subscríbase ao boletín