Mundo
Taiwán senta as bases para se converter nun país bilingüe chinés-inglés
O Goberno de Taiwán aprobou as medidas para crear un centro que traballará por converter o país asiático nunha nación bilingüe chinés mandarín-inglés para o ano 2030.
Fonte: Taiwan News
Portugal asina a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias

O Ministerio de Asuntos Exteriores de Portugal anunciou que o Estado portugués asinou a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias do Consello de Europa que ten como fin a protección e promoción das linguas históricas de Europa.
Fonte: Público
O achado dun esqueleto bota luz sobre o uso da lingua grega na cidade italiana de Pompeia
O achado dun esqueleto en excelente estado de conservación e unha inscrición en grego en Pompeia confirma que a lingua grega era usada ao mesmo tempo co latín na cidade italiana.
Fonte: NBC2
A China detén oito persoas por ensinaren a lingua tibetana
As autoridades chinesas arrestaron dúas mulleres e oito monxes no Tíbet por ensinaren a lingua tibetana na aldea de Wonpo.
Fonte: The Tibet Post
Portugal asume a xestión da Escola Portuguesa de Angola
O Estado portugués asumirá a xestión total da Escola Portuguesa de Luanda - Centro de Ensino e Lingua Portuguesa tras un litixio cun grupo de cooperantes.
Fonte: RTP Notícias
Unha campaña demanda que os bancos do Reino Unido acepten cheques escritos en córnico
Unha persoa rexistra unha petición no Reino Unido para que as entidades bancarias de todo o país acepten cheques escritos en lingua córnica. Actualmente os bancos aceptan cheques escritos en inglés, galés e gaélico.
Fonte: Nation Cymru
Unha organización destina fondos ás comunidades locais escocesas para salvagardar a lingua gaélica

A organización benéfica Community Land Scotland está a desenvolver un proxecto piloto para destinar incentivos económicos ás comunidades locais de certas zonas de Escocia para promover o uso do gaélico e salvar a lingua da extinción.
Fonte: The Press and Journal
A páxina oficial de Ucraína estrea a súa versión en lingua chinesa
O Ministerio de Asuntos Exteriores de Ucraína anunciou que a páxina oficial do país estrea a súa versión en lingua chinesa.
Fonte: Ukrinform
O Goberno de Rusia prepara un plan para promocionar a lingua rusa en todo o mundo
O Ministerio de Asuntos Exteriores de Rusia está a elaborar un exhaustivo programa de promoción da lingua rusa en todo o mundo. O obxectivo é fortalecer a posición do ruso na esfera internacional.
Fonte: TASS
O Brasil quere introducir o ensino obrigatorio da lingua española nas escolas
O senador brasileiro Flávio Arns presentou un proxecto de lei que pretende introducir o ensino obrigatorio da lingua española nas escolas de educación básica.
Fonte: Jornal do Oeste
Boletín
Subscríbase ao boletín