Mundo
Bolivia aproba unha lei para a promoción das linguas indíxenas
O Congreso dos Deputados de Bolivia aprobou un proxecto de lei que garante políticas orientadas a revitalizar, preservar e difundir as linguas orixinarias do país.
Fonte: El Diario
Os proxectos de plantación de árbores en terras agrícolas de Gales poden ter un impacto negativo na lingua galesa
Recentemente multinacionais foráneas compraron terreos para a plantación extensiva de árbores no País de Gales. Aínda que a reforestación pode contrarrestar a emisión de gases contaminantes á atmosfera, algúns produtores locais alertan que tamén pode supor un risco para a cultura e lingua locais.
Fonte: BBC
A aprendizaxe de linguas estranxeiras pode influír na maneira que temos de procesar os contidos musicais

Un estudo da Universidade de Helsinqui revelou que aprender linguas estranxeiras pode alterar e mellorar a maneira en que o noso cerebro procesa os sons e os contidos musicais.
Fonte: Technology Networks
A declaración dun lugar como patrimonio mundial da Unesco pode supor un risco para unha comunidade de falantes de galés
A organización a prol da lingua galesa Cych yr Iaith alertou que a recente declaración dunha canteira de lousa no municipio galés de Gwynedd como patrimonio mundial da Unesco podería supor un problema para a preservación da comunidade local de falantes de galés.
Fonte: Nation Cymru
O Museo da Lingua Portuguesa recibe a nova medalla Camões

O presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, foi o encargado de entregar a nova orde honorífica de Portugal, a medalla Camões, ao Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo.
Fonte: Público
Un estudo analiza a presenza e uso do inglés nas universidades francófonas do Quebec
Un estudo elaborado polo Consello Superior da Lingua Francesa (CSLF, polas súas siglas en francés) revelou que o uso do inglés como lingua docente nas universidades francófonas do Quebec non é tan dominante como se pensaba nun principio. A análise concluíu que nove de cada dez programas de estudos son ofertados exclusivamente en francés.
Fonte: CTV News
Un programa educativo levará 80 profesores e profesoras de francés e español a escolas públicas de Luisiana
Un acordo de colaboración entre o Consulado de Francia en Nova Orleans e o Ministerio de Educación de España permitirá que un total de 80 profesores e profesoras de diferentes países traballen pola inmersión en francés e español nas escolas públicas do estado de Luisiana (EUA).
Fonte: The Advocate
Varias autoridades dos países lusófonos asisten á reapertura do Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo
O presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, o presidente de Cabo Verde, Jorge Carlos Fonseca, e outras autoridades dos países lusófonos acompañaron o gobernador de São Paulo, João Doria, na reapertura do Museo da Lingua Portuguesa, cinco anos despois do incendio que obrigou a pechalo.
Fonte: O São Paulo
Un bo número de comunas de Iparralde adoptan a carta local a favor do éuscaro
Vinte e nove comunas locais de Iparralde adoptaron xa a carta local a favor do éuscaro coa que pretenden desenvolver iniciativas de promoción e protección deste idioma no ámbito municipal.
Fonte: Mediabask
Inglaterra introducirá o ensino do latín en 40 institutos de educación secundaria
Un programa do Goberno británico introducirá o ensino do latín en 40 escolas de ensino secundario de Inglaterra. De acordo con datos do British Council, só un 3 % dos centros públicos de educación secundaria ofertan esta materia fronte a un 49 % das escolas privadas.
Fonte: The Guardian
Boletín
Subscríbase ao boletín