Mundo
Un ambicioso proxecto aposta pola expansión da inmersión en galés en Gwynedd
O Goberno do País de Gales financiará con máis dun millón de libras un programa que permitirá a expansión da inmersión lingüística en galés no municipio de Gwynedd.
Fonte: Nation Cymru
Un novo plan en Gales aposta polo bilingüismo pleno de todo o alumnado do sistema público de ensino
A Autoridade Unitaria de Carmarthenshire, no sur de Gales, quere aprobar un plan estratéxico que garantirá que todo o alumnado remate o sistema educativo obrigatorio falando con fluidez tanto o galés como o inglés.
Fonte: South Wales Guardian
Medra a popularidade do chinés nas escolas de Israel
Desde que o Goberno de Israel introduciu o chinés no currículo nacional como materia optativa en 2009, a aprendizaxe desta lingua non deixou de medrar en todo o país.
Fonte: Xinhua Net
Un proxecto aposta pola introdución do ensino da lingua córnica nas escolas de Cornualles
O programa "Go Cornish" avoga pola introdución do ensino da lingua córnica en todas as escolas de primaria de Cornualles.
Fonte: Cornwall Live
A Universidade de Alasca ofrece cursos da lingua unangam tunuu
No marco do seu programa de estudos indíxenas, a Universidade de Alasca en Anchorage ofrecerá cursos da lingua unangam tunuu, falada polo pobo unangax̂ de Alasca.
Fonte: Alaska Public Media
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo reabrirá a finais de xullo

O 31 de xullo é a data marcada para a reapertura do Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo que sufriu un violento incendio en 2015.
Fonte: Público
Unha reunión busca desenvolver estratexias para a protección e promoción do idioma chinanteco en México
A Secretaría de Cultura do Goberno de México, a través do Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (INALI), en coordinación co Centro para o Desenvolvemento Social e Cultural Chinanteco, realizaron unha reunión para desenvolver estratexias de promoción e protección da lingua juu jmií (chinanteco) falada no estado de Oaxaca.
Fonte: Vértigo Político
Sardeña destina 900 mil euros ao ensino das linguas catalá e sarda

A Rexión Autónoma de Sardeña aprobou destinar un orzamento de 900 mil euros ao ensino das linguas catalá e sarda en horario extracurricular.
Fonte: Unione Sarda
Arabia Saudita introducirá o ensino do chinés nas escolas públicas
O Ministerio de Educación de Arabia Saudita introducirá o ensino do chinés en todos os niveis educativos da rede de centros públicos.
Fonte: The Siasat Daily
A Escola Occitana de Verán celebrarase este ano en Vilanuèva d’Òlt

A localidade francesa de Vilanuèva d’Òlt (Villeneuve-sur-Lot, en francés) acollerá a 47 edición da Escola Occitana de Verán, unha semana de inmersión en occitano para persoas de todas as idades interesadas en aprender ou practicar este idioma.
Fonte: Jornalet
Boletín
Subscríbase ao boletín