Mundo
A Embaixada de España no Brasil ofrece cursos gratuítos de español para profesorado de escolas públicas
Profesorado de lingua española do estado de São Paulo pode inscribirse nos cursos gratuítos de español ofrecidos pola Embaixada de España no Brasil en colaboración coa Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) e a Universidade de Salamanca.
A Universidade de Glasgow organiza un simposio sobre a diversidade da lingua portuguesa
A Universidade de Glasgow organiza un simposio e reúne profesionais da lingua portuguesa para debater cuestións relacionadas coas variedades do portugués no contexto da descolonización.
Fonte: RFI
Un total de 40 alumnos e alumnas de Iparralde redacta o seu exame de filosofía do último ano de bacharelato en éuscaro
Co fin de demandar o dereito a realizaren as probas oficiais de bacharelato en éuscaro, 40 alumnas e alumnos dun instituto de Baiona (Iparralde) redactaron o seu exame final de filosofía nesta lingua.
Fonte: Mediabask
Escocia quere seguir o exemplo de Gales para salvar a lingua gaélica
O partido laborista recomenda que o Goberno de Escocia siga o exemplo das políticas lingüísticas do País de Gales para salvar a lingua gaélica da extinción.
Fonte: Nation Cymru
O presidente da República de Portugal confía na acción das persoas mozas para garantir o crecemento da lingua portuguesa
Nunha entrevista para as Nacións Unidas, o presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, declarou que a acción dos falantes novos serán os que garantan o crecemento da lingua portuguesa.
Fonte: Centro Regional de Informação para a Europa Ocidental
Un estudo revela que as persoas adultas poden adquirir unha lingua estranxeira máis rápido do que se adoita pensar
Un estudo elaborado na Universidade de Kansas (EUA) revela que mesmo nun nivel inicial as persoas adultas que estean a aprender unha lingua estranxeira poden activar rapidamente os mecanismos mentais necesarios para adquirila como un falante nativo.
Fonte: Phys.org
Presentan en Paraguai unha aplicación trilingüe guaraní-castelán-inglés

A Secretaría de Política Lingüística de Paraguai anunciou a presentación dunha aplicación gratuíta de tradución entre o guaraní, o castelán e o inglés. A ferramenta contén 3200 entradas.
Un proxecto piloto tenta paliar a perda de fluidez en gaélico escocés
Tres agrupacións a prol do gaélico escocés e da inmersión educativa nesta lingua elaboraron un proxecto piloto que vai tentar paliar a perda de fluidez que o alumnado de escolas en inmersión constatou durante a pandemia. O proxecto ofrece novas e variadas posibilidades de practicar a lingua tanto dentro como fóra dos fogares.
Fonte: The National
O Brasil avala que os municipios poidan ter unha lingua indíxena como cooficial
A Comisión de Cultura da Cámara dos Deputados do Brasil aprobou un proxecto de lei que avala que os municipios con comunidades indíxenas poidan ter unha lingua nativa como idioma cooficial.
Fonte: Gazeta do Povo
O último censo oficial de Singapur revela un incremento no uso do inglés
Os datos do último censo do Departamento de Estatística de Singapur revelan que os fogares de Singapur falan cada vez máis inglés. O uso desta lingua aumenta máis de dez puntos desde 2010.
Fonte: Channel New Asia
Boletín
Subscríbase ao boletín