Mundo
O antigo vicerreitor da Universidade do Miño vence o Premio Camões

O Ministerio de Cultura de Portugal anunciou que o profesor e ensaísta Vítor Manuel de Aguiar e Silva é o novo vencedor do Premio Camões 2020. O galardoado foi durante 12 anos vicerreitor da Universidade do Miño.
Fonte: Observador
Australia quere obrigar as parellas dos residentes a aprobaren un exame de dominio do inglés
O Goberno de Australia quere aprobar unha polémica medida de control migratorio pola que obrigará as parellas de persoas residentes a aprobaren un exame de inglés para poder entrar no país.
Fonte: BBC
Un manifesto promove o intercambio de ideas e experiencias entre autores e autoras de lingua portuguesa
Un manifesto asinado por autores como Chico Buarque e Milton Hatoum será presentado no Festival Literario de Araxá (Brasil) co fin de promover sinerxías entre autores e autoras de lingua portuguesa de todo o mundo, independentemente dos seus respectivos gobernos.
Fonte: Folha de Londrina
A Academia Brasileira de Letras crea un portal sobre curiosidades da lingua portuguesa
A Academia Brasileira de Letras (ABL, polas súas siglas en portugués) lanzou o portal Novas Palavras que ofrece ao gran público curiosidades sobre termos e expresións en lingua portuguesa.
Fonte: Acontece em Petrópolis
Un estudo constata a eficacia dos arrolos independentemente da lingua en que sexan cantados
Dúas investigadoras da Universidade de California e Harvard respectivamente traballaron nun estudo que revelou que os arrolos ou nanas manteñen o mesmo efecto calmante nas crianzas independentemente da lingua en que sexan cantados. No estudo participaron 144 bebés de entre os dous e os catorce meses de idade.
Fonte: The New York Times
O Consello Ártico apoiará un proxecto para preservar as linguas indíxenas dos pobos do Ártico
O Consello Ártico, organización intergobernamental integrada polos Estados e poboacións indíxenas do Ártico, apoiará un proxecto que pretende dixitalizar e preservar o patrimonio lingüístico e cultural dos diferentes pobos que habitan as rexións árticas.
Fonte: The Arctic
Unha iniciativa da Universidade de Strathclyde levará o ensino da lingua e cultura árabes ás escolas escocesas
Unha iniciativa do Centro Nacional Escocés de Linguas da Universidade de Strathclyde levará o ensino da lingua e cultura árabes a escolas primarias e institutos de Escocia.
Fonte: Tes
Abre a primeira escola rural bilingüe en Colombia
O centro de ensino Domingo Savio de Rionegro, no departamento de Antioquia, converteuse na primeira escola rural bilingüe español-inglés de Colombia.
Fonte: Bluradio
O Consello Rexional da Bretaña aproba unha axuda económica para apoiar a rede de escolas de inmersión en bretón
O Consello Rexional da Bretaña anunciou unha axuda de 200 000 euros para apoiar e fomentar a rede de escolas Diwan que integra medio centenar de centros de ensino de inmersión en lingua bretoa.
Fonte: Nós Diario
A Universidade Federal de Roraima ofrece cursos virtuais de lingua española e literatura colombiana
A Universidade Federal de Roraima (Brasil), en colaboración coa Universidade de Cundinamarca (Colombia), ofrecerá catro cursos virtuais de lingua española e un de literatura colombiana. O acordo entre as dúas universidades permitirá tamén ofrecer no futuro cursos de portugués a estudantes colombianos.
Fonte: Globo
Boletín
Subscríbase ao boletín