Mundo
Un proxecto aspira a preservar 1500 idiomas en perigo
O proxecto The Rosetta Project pretende preservar os datos dunhas 1500 linguas do mundo por medio do seu almacenamento nun disco de níquel de menos de 8 centímetros de diámetro.
Fonte: Xataka
O Goberno do Canadá comprométese a investir na protección das linguas indíxenas de Manitoba
O Goberno do Canadá expresou, por medio de dous dos seus ministros, un firme compromiso na protección e promoción das linguas nativas da provincia de Manitoba.
Fonte: Cision
Mobilizacións en Francia demandan protección para as linguas rexionais francesas
Un bo número de mobilizacións espalladas por todo o estado francés demandaron ao executivo galo que garanta o ensino de linguas rexionais como o occitano ou o bretón e promova un estatuto de protección para todas elas.
Fonte: Jornalet
Os novos orzamentos aprobados na República de Irlanda prevén un importante investimento para a promoción do gaélico irlandés
A nova partida orzamentaria aprobada na República de Irlanda inclúe un investimento de 18 millóns de euros para a promoción da lingua gaélica e as zonas de fala gaélica ou Gaeltacht.
Fonte: Newry
Chipre reforzará o ensino do grego entre o alumnado estranxeiro
O Goberno de Chipre informou de que as escolas de educación primaria e secundaria do país reforzarán o ensino da lingua grega entre o alumnado procedente de familias estranxeiras.
Fonte: Cyprus Mail
Macau organiza a Semana Cultural da China e dos Países de Lingua Portuguesa

O Secretariado Permanente do Fórum para a Cooperación Económica e Comercial entre a China e os Países de Lingua Portuguesa anunciou que a cidade de Macau organizará, tanto de xeito presencial como virtual, a Semana Cultural da China e dos Países de Lingua Portuguesa. O evento contará con 40 producións culturais de 11 países.
Fonte: Visão
Un estudo revela que o portugués e o español lideran a clasificación das linguas que máis medran a nivel internacional
Un estudo realizado polo Camões e o Instituto Cervantes revela que o portugués e o español están entre as tres linguas do mundo que rexistran un maior incremento no número de falantes.
Fonte: Notícias ao Minuto
Dúas universidades de Estonia recortan as prazas gratuítas de ensino en inglés
A Universidade de Tartu e a Universidade Técnica de Talín recortarán paulatinamente nos próximos anos as prazas impartidas en inglés para estudantes que non falen estoniano.
Fonte: ERR
Un cidadán brasileiro examínase de galés para obter a nacionalidade británica
Rodolfo Piskorski é un profesor brasileiro da Universidade de Cardiff que decidiu examinarse de galés para poder obter a nacionalidade británica.
Fonte: BBC
Finlandia presenta a versión inglesa da súa aplicación de rastrexo da covid-19
O Goberno de Finlandia acaba de presentar a versión en inglés da súa aplicación de rastrexo da covid-19. A versión orixinal en finlandés e sueco estreouse o mes pasado.
Fonte: YLE
Boletín
Subscríbase ao boletín