Mundo

A lingua secreta das mulleres renace das cinzas

Despois de que a súa última falante morrese hai agora 16 anos, a lingua escrita nüshu, antigamente falada só por mulleres nunha zona rural da provincia chinesa de Hunan, está experimentando un importante rexurdimento. Cada vez máis persoas deciden aprender esta lingua e existe un museo dedicado a preservar o seu legado.

Fonte: BBC

Celébrase no mundo o Día Internacional da Tradución

O 30 de setembro de cada ano o mundo celebra o Día Internacional da Tradución co fin de concienciar sobre a importancia deste ámbito profesional no entendemento mundial. O tema deste ano é "Atopar as palabras para un mundo en crise".

Fonte: Times on News

Morre Quino, o creador de Mafalda

Joaquín Salvador Lavado, máis coñecido como Quino, faleceu aos 88 anos en Arxentina. O humorista gráfico máis traducido da lingua española pasará á historia como o creador da personaxe de Mafalda, unha nena sabia e respondona.

Fonte: El País Brasil

Nace a Asociación Internacional de Mozos Avogados de Lingua Portuguesa

Nace en Portugal a Asociación Internacional de Mozos Avogados de Lingua Portuguesa co obxectivo de apoiar e representar avogados e avogadas novos que proveñan de países de lingua oficial portuguesa.

Fonte: Região Sul

Japan Airlines adoptará o uso de linguaxe inclusiva nos seus voos

A compañía aérea Japan Airlines anunciou que en breve adoptará o uso dunha linguaxe inclusiva e libre de estereotipos de xénero nos seus voos tanto en xaponés como noutras linguas.

Fonte: Independent

Un relatorio da OCDE revela que o Brasil figura entre os países onde menos se ensina unha lingua estranxeira

Un relatorio divulgado pola OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico) revelou que o Brasil, Reino Unido, Australia e Nova Zelandia figuran entre os estados onde menos se ensinan linguas estranxeiras. Pola contra, Luxemburgo figura á cabeza da lista con 6,2 horas semanais de linguas estranxeiras no currículo.

Fonte: UOL

A provincia canadense de Ontario reforza a contratación de profesorado de lingua francesa

O Goberno de Ontario está implementando medidas para contratar e conservar profesorado de francés co fin de garantir o acceso ao ensino desta lingua en toda a provincia canadense.

Fonte: The Review

A Biblioteca Nacional de Zagreb presenta un proxecto de tradución da Biblia á lingua de signos

Con motivo do Día Internacional das Linguas de Signos, a Biblioteca Nacional de Zagreb presentou un proxecto de tradución da Biblia á lingua de signos croata.

Fonte: Croatia Week

Un informe revela que Portugal é un dos países europeos con menos alumnado estudando dúas ou máis linguas estranxeiras

Un informe divulgado pola oficina estatística da Unión Europea, Eurostat, revela que Portugal é xunto con Grecia o país da Unión Europea con menos alumnado de ensino secundario estudando dúas ou máis linguas estranxeiras.

Fonte: Sapo 25

O Goberno de Portugal presenta a Rede de Ensino do Portugués no Estranxeiro

O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, e o ministro de Educación, Tiago Brandão Rodrigues, presentaron en Lisboa a nova Rede de Ensino do Portugués no Estranxeiro co que o executivo portugués reforzará os mecanismos para potenciar a aprendizaxe da lingua portuguesa noutras partes do mundo.

Fonte: Notícias ao Minuto

 

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder