Mundo
Unha feira difunde o Atlas das Linguas Indíxenas de México
A Feira das Linguas Indíxenas Nacionais de México (FLIN) permitiu difundir entre a cidadanía mexicana o proxecto do Atlas das Linguas Indíxenas Nacionais que está en proceso de elaboración por parte do INALI (Instituto Nacional de Linguas Indíxenas).
Fonte: Ensenada
Dous importantes motores de tradución automática incorporan a lingua oriya da India
Tanto Google como Microsoft incorporaron o idioma oriya aos seus respectivos motores de tradución automática. A lingua oriya é falada por 35 millóns de persoas na India.
Fonte: Global Voices
Un estudo mostra que as crianzas usan os dous hemisferios do cerebro para procesaren as linguas
Un estudo realizado na Universidade de Georgetown en Washington (EUA) revelou que as nenas e os nenos usan os dous hemisferios do cerebro para procesaren o contido lingüístico, a diferenza das persoas adultas que só empregan o hemisferio esquerdo.
Fonte: U.S.News
O Consello de Europa acusa o Reino Unido de non promover algunhas linguas minorizadas
Un informe do Consello de Europa ditaminou que o Reino Unido non fixo abondo para promover algunhas linguas minorizadas como o córnico, o irlandés e o escocés do Úlster.
Fonte: The Guardian
Preséntase o novo Atlas da Lingua Portuguesa

O fornecedor de servizos de telecomunicacións Altice Portugal aproveitou o Día Internacional da Alfabetización para presentar, co apoio da Fundación Altice, o Novo Atlas da Lingua Portuguesa, unha ferramenta de difusión da notoria influencia da lingua portuguesa no mundo.
Fonte: Bairrada Informaçāo
A Facultade de Linguas da Universidade de Córdoba ofrece unha nova selección de cursos completamente en liña
Unha nova plataforma virtual permitirá que os tradicionais Cursos de Primavera da Facultade de Linguas da Universidade de Córdoba (Arxentina) se ofrezan completamente en liña.
Fonte: La Voz
Atopan a primeira noticia en éuscaro publicada na prensa americana hai 178 anos
Hai agora 178 anos publicouse en Uruguai, na primeira páxina do diario Le Messager Français, unha nota que pasaría á historia por ser a primeira noticia en éuscaro editada no continente americano.
Fonte: Noticias de Navarra
A Universidade Católica Portuguesa oferta un mestrado en lingua de signos
A Universidade Católica Portuguesa oferta o Mestrado en Lingua de Signos Portuguesa e Educación para Xordos. Trátase dunha formación especializada única en Portugal.
Fonte: Renascença
Sae á venda un novo volume da Gramática do Portugués da Fundación Calouste Gulbenkian

A Gramática do Português – Volume III da Fundación Calouste Gulbenkian está xa dispoñible para a venda. O novo volume, xunto aos outros dous publicados en 2013, analiza de xeito exhaustivo a lingua portuguesa na súa variedade europea.
Fonte: Plataforma 9
O Museo Virtual da Lusofonía da Universidade do Miño dá o salto á plataforma de cultura e arte de Google

O Museo Virtual da Lusofonía, creado polo Centro de Estudos de Comunicación e Sociedade da Universidade do Miño, pasará a estar integrado na plataforma Google Arts & Culture. Este salto garantirá unha maior difusión da lusofonía en todo o mundo.
Fonte: Correio do Minho
Boletín
Subscríbase ao boletín