Mundo
A Asemblea de Gales debaterá unha petición para prohibir a substitución dos topónimos galeses por outros en inglés
A Asemblea do País de Gales debaterá unha proposta que pretende evitar que os topónimos orixinais en galés sexan substituídos por nomes anglófonos. O obxectivo é evitar que o País de Gales perda o seu patrimonio inmaterial.
Fonte: BBC
Unha enquisa realizada no sur de Francia e o val de Arán revela un incremento no número de persoas que defende a promoción da lingua occitana
Unha sondaxe publicada pola Oficina Pública da Lingua Occitana revela que máis do 90 % das persoas entrevistadas das rexións de Nova Aquitania, Occitania e Arán están a favor de que se desenvolvan políticas a favor da lingua occitana.
Fonte: Jornalet
Duolingo lanza o seu curso de lingua finesa
Duolingo acaba de presentar o seu novo curso de lingua finesa, un dos máis esperados polos cibernautas para a aprendizaxe en liña.
Fonte: YLE
Abre unha Oficina Pública da Lingua Catalá na cidade francesa de Perpiñán
O Instituto de Estudos Cataláns abriu a Oficina Pública da Lingua Catalá na cidade francesa de Perpiñán co fin de recuperar o uso social da lingua vernácula catalá en toda a zona da Cataluña do Norte.
Fonte: El Español
O Instituto Camões de Berlín presenta unha iniciativa para a promoción da tradución de literatura lusófona ao alemán
O Instituto Camões de Berlín propuxo un total de 67 escritores e escritoras de lingua portuguesa para un proxecto de tradución cara ao alemán. O obxectivo é promover a literatura lusófona en Alemaña.
Fonte: Notícias ao Minuto
Un centro educativo de Cardiff ofrecerá dúas liñas de ensino, unha en inglés e outra en galés
Un novo centro educativo situado no barrio residencial de Plasdŵr, na cidade de Cardiff, ofrecerá dúas liñas educativas, unha en inglés e a outra en galés. A novidade é que a liña de instrución en inglés contará cunha porcentaxe de inmersión en galés moito maior cós centros de fala inglesa do País de Gales. O obxectivo é que o alumnado anglófono poida falar con comodidade as dúas linguas.
Fonte: WalesOnline
Un bo número de inmigrantes na República Federal Alemá non supera as probas de coñecemento do alemán
Varias fontes alemás revelaron que o ano pasado case a metade das persoas inmigradas que se presentaron ao exame de lingua alemá non superou o nivel B1. Este nivel é actualmente necesario para aprobar o curso de integración en Alemaña.
Fonte: Infomigrants
O Canadá xa é candidato para observador da CPLP
O Goberno do Canadá expresou o seu interese en converterse en observador asociado da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).
Fonte: Jornal de Notícias
Un estudo revela que existe unha percepción positiva da sociedade cara á lingua occitana
Un estudo elaborado por profesorado de ciencias da linguaxe na Universidade Pau Valèri revela que a pesar do retroceso no uso do occitano e a perda de falantes, o uso desta lingua aumentou no nome das empresas ou produtos comerciais o que revela unha mellora na percepción social do idioma.
Fonte: Jornalet
A Universidade do Miño ofrece novos cursos de lingua en modalidade virtual

O BabeliUM, Centro de Linguas da Universidade do Miño, ofrece para o mes de xullo un conxunto de cursos de linguas en formato virtual. A oferta inclúe cursos de alemán, inglés, francés e portugués como lingua estranxeira.
Fonte: O Amarense
Boletín
Subscríbase ao boletín