Mundo

Os centros educativos de inmersión en galés poderían ser os primeiros en reabrir despois da pandemia do coronavirus

O primeiro ministro do País de Gales, Mark Drakeford, anunciou que o alumnado que estuda nos centros de inmersión en galés que non teña a posibilidade de aprender e practicar a lingua na súa contorna familiar podería ser o primeiro en volver ás aulas na fase de desconfinamento.

Fonte: The National

O Perú celebra o Día das Linguas Orixinarias

Un total de 48 linguas indíxenas fálase actualmente no Perú. Co fin de conmemorar esta gran diversidade lingüística, o estado andino celebra o seu Día das Linguas Orixinarias.

Fonte: Inforegión

 

Un movemento voluntario organizará a Semana da Lingua Galesa na Casa

O movemento voluntario Mudiad Meithrin que se encarga de ofrecer materiais e ferramentas de ensino en galés a escolas infantís do País de Gales organizará a primeira semana de xuño a Semana da Lingua Galesa na Casa co fin de paliar a falta de contacto co idioma por parte de escolares que non viven en familias de fala galesa.

Fonte: Cambrian News

Un consorcio de universidades desenvolve unha aplicación para a aprendizaxe de linguas por persoas migrantes e refuxiadas

Un consorcio de 12 universidades europeas e exipcias creou a aplicación gratuíta 7Ling para dar apoio na aprendizaxe de linguas estranxeiras a persoas migrantes ou refuxiadas.

Fonte: Público

Unha cantante de rap peruana quere salvar a lingua quechua coa súa música

Renata Flores é unha rapaza de 19 anos que decidiu producir música rap en lingua quechua coa intención de dignificar e axudar a preservar este idioma ancestral para as novas xeracións.

Fonte: The New York Times

A construción do Museo da Lingua Portuguesa de Bragança comezará proximamente

O Municipio de Bragança (Portugal) anunciou que as obras de construción do Museo da Lingua Portuguesa comezarán no outono. Trátase dun proxecto único en Portugal que axudará a reforzar o turismo da zona.

Fonte: Notícias do Nordeste

Once estudantes da Universidade de Talín crearán un dicionario bilingüe galego-estoniano

Once estudantes da Universidade de Talín, capital de Estonia, están traballando na creación do primeiro dicionario en liña galego-estoniano. O proxecto, que verá a luz este verán, realízase baixo a supervisión dos profesores Merilin Kotta e Francisco J. López Arias.

Fonte: Nós Diario

Paraguai recoñece a lingua de signos como primeira lingua das persoas xordas

O Goberno de Paraguai recoñeceu oficialmente a lingua de signos paraguaia como primeira lingua das persoas xordas co fin de que estas poidan participar de maneira plena e efectiva na sociedade.

Fonte: La Nación

A lingua gaélica entra na negociación para formar goberno na República de Irlanda

O futuro do gaélico e a creación de centros de formación desta lingua por todo o país entran na negociación para formalizar un goberno de coalición en Irlanda entre tres partidos políticos: os Verdes, Fine Gael e Fianna Fáil.

Fonte: Irish Examiner

O Parlamento de Portugal aproba a contratación de intérpretes de lingua de signos para o sistema público de saúde

O Parlamento de Portugal aprobou unha resolución que recomenda a contratación de máis intérpretes de lingua de signos para o Servizo Nacional de Saúde. A medida contou co apoio de case todas as forzas políticas.

Fonte: Notícias ao Minuto

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder