Mundo
Lanzan unha campaña para promover o ensino da lingua occitana na educación secundaria
A Oficina Pública da Lingua Occitana publicou unha campaña de sensibilización para animar as persoas a escolleren o ensino do occitano nos centros de educación secundaria.
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo celebra o Día Mundial da Lingua Portuguesa cunha programación virtual
O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo ofrece unha programación cultural de tres días de duración para conmemorar o Día Mundial da Lingua de Portuguesa. Nos eventos, todos virtuais, participaron artistas como Kalaf Epalanga e o dúo Fado Bicha.
Fonte: Observador
Un total de 40 autoras e autores portugueses participan na elaboración dunha novela periódica que se traducirá a varias linguas
Un total de 40 escritoras e escritores de Portugal aceptaron a proposta da autora portuguesa Ana Margarida de Carvalho de escribir conxuntamente unha novela periódica durante o confinamento polo coronavirus. O proxecto xa se espallou a outros países e contará con traducións a italiano, francés, español, neerlandés e inglés.
Fonte: The Guardian
Morre o cantautor cabilo Idir, defensor da cultura e lingua bérberes de Alxeria
O cantautor cabilo Hamid Cheriet, coñecido polo sobrenome de Idir e por defender a cultura e a música bérberes, morreu en París aos 70 anos de idade.
Fonte: Nationalia
Unha empresa consegue desenvolver a tecnoloxía necesaria para que os altofalantes intelixentes poidan entender a lingua galesa
Unha empresa de Swansea, País de Gales, conseguiu desenvolver a tecnoloxía necesaria para que o altofalante intelixente Alexa poida entender instrucións en lingua galesa.
Fonte: Business News Wales
Descóbrese a gravación máis antiga en lingua neerlandesa da que se ten constancia
Unha gravación en lingua neerlandesa de hai 120 anos, a máis antiga que se coñece, saíu á luz por primeira vez nos Países Baixos. O arquivo sonoro apareceu por casualidade nunha fita magnética dos anos 70.
Fonte: NL Times
Endurécense os requisitos de catalán para entrar na administración de Andorra
O Goberno de Andorra aprobou os novos requisitos de lingua catalá para entrar na administración. A partir de agora deberase obter o título de coñecemento de catalán con anterioridade ao acceso á administración.
Fonte: VilaWeb
Increméntase o uso do español nas institucións públicas dos EUA
Un estudo publicado en The Hispanic Council revela que se incrementou nos últimos anos o uso do español entre as persoas con cargos institucionais no congreso e senado dos EUA.
Fonte: Archiletras
Un investigador defende incrementar o financiamento para que o portugués se converta en lingua oficial das Nacións Unidas
O investigador do Instituto Universitario de Lisboa, Luís Reto, avogou por incrementar o financiamento e reforzar a presión diplomática para que o portugués se converta na sétima lingua oficial das Nacións Unidas.
Fonte: País ao Minuto
Un evento en liña conmemora o primeiro Día Mundial da Lingua Portuguesa

O Instituto Camões, a Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) e a representación portuguesa na UNESCO organizan un evento virtual para conmemorar o primeiro Día Mundial da Lingua Portuguesa que se celebra o 5 de maio.
Fonte: Público
Boletín
Subscríbase ao boletín