Mundo
O Partido Democrático dos Pobos pide no Parlamento de Turquía que se institucionalice o Día da Lingua Kurda
O Partido Democrático dos Pobos (HDP, polas súas siglas en turco) pediu no Parlamento de Turquía que converta o Día da Lingua Kurda (15 de maio) en festa nacional.
Fonte: Ahval
Entidades galegas da diáspora celebran na rede o Día das Letras Galegas

Entidades galegas de países como Chile, Alemaña, Suíza, Arxentina e Venezuela e de diversas rexións de España celebrarán o Día das Letras Galegas cunha videoconferencia que contará coa presenza de representantes de institucións galegas.
Fonte: La Región Internacional
A lingua turca cumpre 743 anos como idioma oficial en Turquía
A República de Turquía celebra o 743 aniversario da súa lingua como idioma oficial.
Fonte: Hürriyet Daily News
A nova lei de unidade étnica promovida pola China debilita a cultura e a lingua tibetanas
A recente aprobación da nova lei de unidade étnica na Rexión Autónoma do Tíbet terá un impacto negativo na promoción e salvagarda da cultura e lingua tibetanas.
Fonte: The Tibet Post
As minorías lingüísticas de California non teñen acceso á información sobre a pandemia do coronavirus nas súas linguas
As persoas indíxenas de México e Guatemala que viven en California e descoñecen o inglés e o español non conseguen estar ben informadas sobre a pandemia do coronavirus pola falta de información nas súas linguas de orixe. A organización CIELO está tentando paliar esta falta por medio de campañas de información en linguas indíxenas destas comunidades.
Fonte: Los Angeles Times
Un ensaio publicado en Portugal incide na orixe galega da lingua portuguesa

O ensaio Assim nasceu uma língua do lingüista Fernando Venâncio aborda cuestións relacionadas coa orixe e evolución da lingua portuguesa e incide na idea de que o portugués falado na actualidade descendeu directamente do galego.
Fonte: Diário de Notícias
A serie luso-galega Vidago Palace chega á plataforma de contidos audiovisuais HBO Portugal
A serie luso-galega Vidago Palace convértese na segunda produción deste tipo, despois de Auga Seca, que chega á plataforma de contidos audiovisuais HBO Portugal.
Fonte: El Trapezio
Un total de 4869 persoas aprenden a lingua mocoví en escolas bilingües da Arxentina
Un total de 24 escolas bilingües da provincia arxentina de Santa Fe ensinan a lingua indíxena mocoví a un total de 4869 estudantes. Prevese que pouco a pouco se vaian abrindo novos centros educativos bilingües noutras zonas da provincia.
Fonte: Mirador Provincial
A minoría turca de Grecia pide a introdución da lingua turca nas escolas infantís
A minoría turca que vive en Grecia solicitoulle ao Ministerio de Educación grego que a partir do próximo ano introduza o ensino da lingua turca nas escolas infantís.
Fonte: Daily Sabah
Dous estudantes timorenses gañan o VII Premio de Lingua Portuguesa da Fundación Oriente de Dili
Dous estudantes da Universidade Nacional Timor Lorosa'e gañaron a sétima edición do Premio de Lingua Portuguesa da Fundación Oriente de Dili con dúas obras inspiradas en Fernando Pessoa.
Fonte: Notícias ao Minuto
Boletín
Subscríbase ao boletín