Mundo
Un informe revela que case 15 millóns e medio de persoas aprenden alemán no mundo
Un informe elaborado polo Ministerio de Asuntos Exteriores de Alemaña, en colaboración co servizo de noticias Deutsche Welle, revelou que un total de 15,4 millóns de persoas aprenden a lingua alemá no mundo.
Fonte: Deutsche Welle
Lanzan un curso en liña para profesorado de portugués como lingua estranxeira

O Instituto Camões, en colaboración coa Facultade de Letras da Universidade do Porto (FLUP), abriu a inscrición na primeira edición en liña do Curso de Actualización para Profesorado de Portugués como Lingua Estranxeira (CAPPLE).
Fonte: Jornal de Notícias
Estonia aproba a creación do Consello da Lingua Estoniana
A asemblea lexislativa da República de Estonia aprobou a creación do Consello da Lingua Estoniana que asumirá o labor que até agora viña realizando a Oficina de Inspección da Lingua.
Fonte: ERR
A República Popular de Lugansk adopta o ruso como lingua oficial
O parlamento da recente República Popular de Lugansk aprobou unha resolución pola que se aproba o recoñecemento do ruso como única lingua oficial do territorio.
Fonte: TASS
A información sobre a pandemia da COVID-19 en Texas non lles chega por igual ás persoas que falan unha lingua diferente do inglés
Máis dun terzo da poboación que vive en Texas (EUA) fala unha lingua diferente do inglés, mais a información sobre a pandemia da COVID-19 é escasa en linguas estranxeiras e non chega en tempo real.
Fonte: KRGV
Lanzan unha campaña para demandar o recoñecemento oficial da lingua scots en Escocia

Persoas de diferentes ámbitos culturais e académicos lanzaron a campaña Oor Vyce para demandar o recoñecemento oficial da lingua scots en Escocia e a creación dun organismo que garanta a súa protección e promoción.
Fonte: The National
A televisión estatal turca TRT crea unha canle en lingua rusa
A Corporación de Radio e Televisión Turcas (TRT) anunciou que creará unha canle en lingua rusa con cobertura en Europa e Asia.
Fonte: The New Arab
O Ministerio de Cultura do Perú habilita un servizo de interpretación en sete linguas indíxenas
O Ministerio de Cultura do Perú anunciou que un servizo de intérpretes permitirá que os profesionais da saúde poidan comunicarse con pacientes da covid-19 que falen linguas indíxenas.
Fonte: La República
A federación das escolas de inmersión en éuscaro de Iparralde garante a continuidade da aprendizaxe durante a pandemia da COVID-19
A federación de ikastolas (escolas de inmersión en éuscaro) do País Vasco francés (SEASKA) garante a continuidade pedagóxica durante a pandemia da COVID-19 por medio dun apoio dixital continuado co alumnado e os pais e as nais.
Fonte: France 3
Representantes da Bretaña no Parlamento de Francia opóñense a que o incremento das horas lectivas de inglés desprace as clases de iniciación ao bretón
Doce deputados e deputadas da Bretaña contactaron por escrito o ministro de Educación de Francia, Jean-Michel Blanquer, para demandar que o incremento previsto das horas de primaria destinadas ao ensino das linguas estranxeiras como o inglés non vaia en detrimento das horas dedicadas á lingua bretoa.
Fonte: Oest France
Boletín
Subscríbase ao boletín