Mundo
O festival nacional Eisteddfod de música e literatura en galés para a mocidade adíase até o 2021

O festival nacional Eisteddfod para a mocidade que celebra cada ano a literatura, a música e as artes escénicas en lingua galesa foi adiado por mor do coronavirus até o próximo ano.
Fonte: ITV news
Catro coñecidas aplicacións móbiles para a aprendizaxe de linguas serán gratuítas durante a corentena

Durante a corentena da pandemia do Covid-19 serán gratuítas catro coñecidas aplicacións móbiles para a aprendizaxe de linguas estranxeiras: Rosetta Stone, Babbel, Fluent Forever e LingoDeer.
Fonte: Study International
Publícase na rede un novo conxugador de gascón
Publícase no sitio web www.pernoste.com un novo conxugador de verbos de lingua gascoa, variedade do occitano.
Fonte: Jornalet
Adíase o festival nacional Eisteddfod de poesía e música en lingua galesa por mor do coronavirus
A situación causada pola pandemia do coronavirus obrigou o equipo organizador do festival nacional Eisteddfod, a celebración máis importante de poesía e música en lingua galesa, a adialo para o ano que vén.
Fonte: Wales Online
O presidente da República de Portugal lamenta o pasamento da lingüista Maria Helena Mira Mateus
O presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, transmitiu o seu pesar pola perda da lingüista Maria Helena Mira Mateus a quen gabou pola "súa batalla incansable en defensa da lingua portuguesa".
Fonte: País ao Minuto
Suecia investigará os supostos crimes cometidos contra falantes da lingua minorizada meänkieli
O Goberno de Suecia declarou que creará unha comisión que examinará os abusos cometidos polo Estado sueco contra a minoría lingüística meänkieli con motivo das políticas de asimilación que se aprobaron en tempos pasados.
Fonte: The Japan Times
Asínase un acordo en Colombia para traducir as sentenzas xudiciais ás linguas indíxenas
Un acordo asinado pola Corte Constitucional de Colombia e a ONG Amazon Conservation Team permitirá traducir ás linguas indíxenas de Colombia as sentenzas xudiciais. As linguas awá, inga, wayuu, witoto e emberá serán as primeiras en entrar no proxecto.
Fonte: Semana Sostenible
Un filme rodado en gaélico recibe o premio á mellor produción no Festival Internacional de Cinema de Dublín
O filme Arracht, gravado en gaélico irlandés, recibiu dous premios no Festival Internacional de Cinema de Dublín. Un dos galardóns foi o de mellor película irlandesa.
Fonte: Dublin Gazette
Medra o ensino de portugués na Universidade de Oxford
Phillip Rothwell, titular da Cátedra D. João II e director do Centro de Lingua Portuguesa da Universidade de Oxford declarou que o ensino do portugués está en expansión neste centro de ensino superior británico.
Fonte: País ao Minuto
Crean un centro de información científica en lingua portuguesa
O Instituto de Hixiene e Medicina Tropical da Universidade Nova de Lisboa creou un centro de información científica cuxo obxectivo é reunir e difundir contidos en lingua portuguesa sobre a actual pandemia do COVID-19.
Fonte: Expresso das Ilhas
Boletín
Subscríbase ao boletín