Mundo

Portugal quere ampliar os dous centros de lingua portuguesa que ten no Senegal

O presidente do Instituto Camões, Luís Faro Ramos, declarou que Portugal está estudando a ampliación dos dous centros de lingua portuguesa que ten no Senegal dado a importante afluencia de persoas interesadas por aprender o portugués.

Fonte: Notícias ao Minuto

Un estudo revela que os bebés que medran en familias bilingües conseguen dirixir mellor a súa atención

Un estudo realizado na Universidade Anglia Ruskin do Reino Unido revelou que os bebés que medran en fogares onde se falan dúas linguas teñen máis facilidades para focalizar a súa atención.

Fonte: Science Focus

Francia introduce unha proba escrita como requisito para obter a cidadanía

Francia endurecerá os requisitos lingüísticos para obter a cidadanía xa que a partir de abril deste ano todas as persoas que queiran ser francesas deberán realizar, ademais dunha proba oral e de comprensión auditiva, un exame de expresión escrita.

Fonte: The Local

O Instituto Goethe ofrece na cidade de Curitiba unha sesión de iniciación de alemán

O Instituto Goethe promove o ensino e a aprendizaxe da lingua alemá por medio dunha clase gratuíta na cidade brasileira de Curitiba.

Fonte: Diário Indústria & Comércio

Romanía recoñecerá a lingua de signos como idioma materno

A Cámara de Deputados de Romanía aprobou unha medida para recoñecer a lingua de signos como idioma materno das persoas xordas ou con dificultades auditivas.

Fonte: Romania Insider 

Macron anuncia a prohibición do ensino de linguas estranxeiras nas escolas públicas

O presidente de Francia, Emmanuel Macron, anunciou que prohibirá o ensino de linguas estranxeiras en escolas públicas por profesorado non controlado polo Estado francés.

Fonte: Jornalet

O Reino Unido prohibirá a entrada de persoas que non falen inglés

As novas leis de inmigración que se imporán co Brexit limitarán a entrada ao Reino Unido de persoas non cualificadas ou que non falen inglés.

Fonte: The Guardian

O presidente de Cabo Verde quere acelerar os trámites para converter o crioulo en lingua oficial

O presidente de Cabo Verde, Jorge Carlos Fonseca, declarou con motivo do Día Internacional da Lingua Materna que se deben acelerar os mecanismos para converter o crioulo en lingua oficial do arquipélago.

Fonte: Notícias ao Minuto

Impártese un curso para promover o uso da lingua friulana no mundo do traballo

A Axencia Rexional da Lingua Friulana (ARLeF) impartirá en colaboración co Instituto de Investigacións Económicas e Sociais da rexión italiana Friúl-Venecia Xulia un curso para promover o uso da lingua friulana no ámbito do traballo. Trátase do primeiro curso deste tipo que se imparte en Italia.

Fonte: Il Friuli

Un evento celebra en París a lusofonía e a francofonía

Un evento celebrou no 17 barrio de París a fraternización das culturas lusófona e francófona ou "luso-francofonía". O encontro contou coa participación de artistas de diferentes países lusófonos e francófonos e foi organizado pola Embaixada de Cabo Verde en Francia.

Fonte: RFI

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder