Mundo

Un proxecto introducirá o ensino da lingua alemá nas escolas da cidade brasileira de Pelotas

Unha reunión entre a alcaldesa da cidade brasileira de Pelotas, no estado de Río Grande do Sur, Paula Mascarenhas, e o cónsul xeral de Alemaña no Brasil, Thomas Schimitt, serviu para reforzar os proxectos de ensino da lingua alemá na cidade. Nestes momentos está operativo un proxecto piloto que permitirá introducir o ensino da lingua de Goethe nas escolas públicas da cidade en horario extraescolar.

Fonte: Jornal de Comércio

Publícase a tradución ao mirandés do último libro da banda deseñada de Astérix

Co título de La filha de Bercingetorix aparecerá nas librarías portuguesas o novo álbum en lingua mirandesa dos heroes galos Astérix e Obélix.

Fonte: SAPO 25

O goberno local das Hébridas Exteriores de Escocia priorizará o ensino de inmersión en gaélico

O consello de goberno das Hébridas Exteriores de Escocia priorizará a inscrición directa de alumnado de primaria en escolas de inmersión en gaélico como medida para promover e salvagardar a lingua vernácula.

Fonte: The Conversation

A falta de apoios non desalenta a demanda por aprender mirandés en Lisboa

A demanda por aprender a segunda lingua oficial de Portugal, o mirandés, é bastante elevada en Lisboa e iso malia a falta de apoio institucional pola súa promoción.

Fonte: Diário de Notícias

Un informe revela que unha empresa ferroviaria galesa incumpre a lei en materia lingüística

Un informe elaborado pola oficina do Comisario da Lingua Galesa revelou que a empresa ferroviaria Transport for Wales incumpriu a norma en materia lingüística 6 veces ao non ofrecer servizos en galés e ao tratar a lingua inglesa dun xeito máis favorable.

Fonte: BBC

Un acordo permitirá promover o ensino do portugués en Angola

Un acordo asinado entre a embaixada do Brasil en Angola e a Universidade Agostinho Neto de Luanda permitirá que o país suramericano apoie a área do ensino da lingua portuguesa.

Fonte: TPA

O nome galés das casas ou vivendas rurais debe contar con protección legal

Vaughan Williams, un concelleiro da cidade galesa de Caergybi (Holyhead en inglés), avoga pola protección legal dos nomes en galés das casas ou vivendas tradicionais co fin de garantir a preservación do patrimonio e a memoria histórica.

Fonte: BBC

A Oficina Pública do Éuscaro de Iparralde publica un informe sobre o uso dos medios públicos en lingua vernácula

A Oficina Pública do Éuscaro, con sede en Baiona, País Vasco francés, publicou un informe sobre o uso dos medios de comunicación local en todo o País Vasco. O estudo constata un aumento dos programas emitidos en éuscaro e mostra que nove de cada dez habitantes consomen medios de comunicación locais.

Fonte: France Bleu

Aumenta o bilingüismo inglés-francés no Canadá

Un estudo realizado pola oficina estatística do Canadá revela que entre 2006 e 2016 aumentou o bilingüismo inglés-francés nas familias canadenses grazas aos programas de inmersión.

Fonte: Global News

A longametraxe "Lúa Vermella" de Lois Patiño, rodada en galego, estrearase no Festival de Cinema de Berlín

A longametraxe do director Lois Patiño Lúa Vermella estrearase na Berlinale, o Festival de Cinema de Berlín. O filme, rodado en galego, foi seleccionado pola Berlinale xunto a outros títulos de varios países.

Fonte: CRTVG

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder