Mundo

Ghana ten dificultades para implementar unha política lingüística consensuada nas escolas

Ghana e outros países do continente africano están tendo dificultades para aplicar a súa política lingüística bilingüe nas escolas. Con máis de 46 linguas propias, o país africano está tentando aplicar unha norma que introduce o ensino dunha lingua ghanesa na escola infantil e a instrución paulatina en inglés en anos posteriores.

Fonte: The Conversation

Asínase un acordo internacional para a promoción da lingua portuguesa en Macau

O Instituto Portugués do Oriente, o Instituto Camões e a Universidade de Macau asinarán un protocolo conxunto de cooperación co fin de garantir a promoción da lingua portuguesa en Macau.

Fonte: Plataforma Media

O filme de Antonio Banderas "Dor e gloria" competirá nos Óscar polo premio á mellor película en lingua estranxeira

O filme de Antonio Banderas Dor e gloria loitará polo premio á mellor película en lingua estranxeira nos aclamados premios Óscar. Os outros filmes competidores serán Parasitos, do coreano Bong Joon-ho, Honeyland de Macedonia do Norte, a produción polonesa Corpus Christi e Les Misérables de Francia.

Fonte: El País

Critican a desaparición dos graos universitarios en linguas estranxeiras en Dinamarca

Un grupo de académicos e académicas de Dinamarca criticou a desaparición paulatina de programas de estudo en linguas estranxeiras das universidades dinamarquesas. Estímase que nos últimos anos desapareceron 32 graos de ámbito lingüístico ou humanístico.

Fonte: The World University Rankings

Medra o interese pola lingua portuguesa na República Checa

A oficina do Instituto Camões de Praga, capital da República Checa, rexistra cada vez máis demanda. Actualmente un total de 170 persoas están inscritas nesta institución de ensino de portugués no exterior.

Fonte: Renascença

O presidente de Portugal valora en Mozambique a vitalidade mundial da lingua portuguesa

O presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, aproveitou a inauguración da exposición "Portugués de Mozambique no Caleidoscopio" en Maputo para defender e eloxiar a diversidade e vitalidade da lingua portuguesa no mundo.

Fonte: Mundo Lusíada

A ministra de Educación de Alemaña quere introducir probas de competencia lingüística nas escolas

A ministra de Educación da República Federal de Alemaña, Anja Karliczek, defendeu a introdución de probas de competencia lingüística nas escolas de educación infantil co fin de ir atallando problemas que poidan xurdir posteriormente, tal como demostran os datos recentes do estudo PISA.

Fonte: Deutsche Welle

Pecha a única canle de televisión en inglés de Ucraína

O Goberno de Ucraína acaba de pechar a UATV, a única canle de televisión que emitía en lingua inglesa no país eslavo.

Fonte: Radio Free Europe-Radio Liberty

Os defensores das linguas rexionais de Francia defenden o modelo de inmersión para garantir a súa salvación

Os defensores das linguas rexionais de Francia como o bretón, o éuscaro e o catalán están convencidos de que o modelo de ensino en inmersión é o único modo realista de garantir o seu futuro. 

Fonte: La Vanguardia

Asínase un acordo de cooperación para a promoción e a difusión da lingua portuguesa

A Organización dos Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura e o Instituto Internacional da Lingua Portuguesa asinaron un acordo de cooperación que ten como área prioritaria a promoción e difusión da lingua portuguesa.

Fonte: Revista Port

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder