Mundo

O BNG trasládalle á Comisión Europea en Bruxelas unha pregunta sobre a situación da lingua galega

A voceira do Bloque Nacionalista Galego en Europa, Ana Miranda, manifestou a súa preocupación sobre a situación da lingua galega nunha pregunta dirixida á Comisión Europea onde insta a garantir o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias en Galicia.

Fonte: Sermos Galiza

As Nacións Unidas celebran o Día Internacional da Lingua Árabe

As Nacións Unidas conmemoran como cada 18 de decembro en todo o mundo o Día Internacional da Lingua Árabe, un dos idiomas oficiais deste organismo internacional.

Fonte: Daily Trust

Un estudo revela que case o 90 % dos chipriotas fala unha lingua estranxeira

Un estudo elaborado pola empresa The Knowledge Academy revelou que case o 90 % da cidadanía de Chipre pode falar unha lingua estranxeira. O país europeo cunha porcentaxe máis baixa de nacionais competentes noutro idioma é o Reino Unido.

Fonte: Cyprus Mail

Unha estrela e un exoplaneta teñen xa cadanseu nome galego

"Rosaliadecastro" e "Riosar" son os nomes escollidos pola Unión Astronómica Internacional para denominar respectivamente a estrela HD 149143 e o seu exoplaneta HD 149143 b, despois dunha votación onde había unha vintena de propostas.

Fonte: Praza Pública

Unha petición demanda que se recoñeza o inglés como lingua oficial en Nova Zelandia

Aínda que a maior parte da poboación de Nova Zelandia teña o inglés como lingua materna, este idioma é só unha lingua de feito e non de dereito. Unha petición, rexistrada recentemente, quere cambiar esta situación e converter o inglés en idioma oficial xunto co maorí e a lingua de signos.

Fonte: Times

Un estudo revela que as persoas bilingües mostran boas habilidades para contar historias

Un estudo elaborado pola Universidade de Alberta revela que os nenos e as nenas bilingües demostran un bo nivel de flexibilidade cognitiva e teñen boas capacidades para contar historias en calquera das dúas linguas.

Fonte: Medical Express

Conclúen as obras do Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo

O Goberno do Estado de São Paulo anunciou a finalización das obras de reconstrución e restauración do Museo da Lingua Portuguesa que sufrira un incendio en decembro de 2015. A data prevista de reapertura será o 25 de xuño.

Fonte: Sprio+

Demandan no Parlamento da República Federal de Alemaña que se tomen medidas para incentivar o ensino da lingua rusa

O grupo do partido Die Linke (a Esquerda) do Parlamento da República Federal de Alemaña fixo unha petición para que se aclare a situación do ensino da lingua rusa en Alemaña e se fomente a súa incorporación en máis centros educativos.

Fonte: Elpaís.cr

A rede pública de radio e televisión do Canadá lanza un podcast en lingua cree

A rede pública de radio e televisión do Canadá, CBC, acaba de lanzar o seu primeiro podcast en lingua cree, un idioma aborixe falado por unhas 50 000 persoas en varias provincias canadenses.

Fonte: CBC

A Olimpíada da Lingua Portuguesa no Brasil xa ten vencedores

Alumnado de escolas públicas do Brasil de 12 estados recibiron os premios da sexta edición da Olimpíada da Lingua Portuguesa, iniciativa que organiza o Ministerio de Educación do Brasil e a Fundación Itaú Social. Minas Gerais e Ceará foron os estados con máis vencedores.

Fonte: EBC

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder