Mundo

Nace unha nova ferramenta en liña para a aprendizaxe da lingua friulana

A ARLeF (Axencia Rexional da Lingua Friulana), en colaboración co Centro de Lingüística Aplicada "Agnul Pitane", creou o Gran Dicionario Bilingüe Italiano-Friulano (GDBTF), unha importante ferramenta para o ensino e a aprendizaxe deste idioma falado no norte de Italia.

Fonte: Udine Today

Abre unha escola en Jersey que ensina lingua e cultura romanesas

Unha escola de nenos e nenas da Illa de Jersey, no Canal da Mancha, ofrece a partir de agora clases de lingua e cultura romanesas

Fonte: ITV

Unha petición en liña demanda a creación dun Museo da Lingua Italiana

O lingüista Giuseppe Antonelli lanzou unha petición en liña secundada por máis de 2500 persoas para demandar ao Ministerio de Cultura de Italia que cree un Museo da Lingua Italiana.

Fonte: Fanpage

Un preso dun cárcere de Bélxica presenta unha queixa por vulneración dos seus dereitos lingüísticos

Un preso do cárcere belga de Saint-Gilles presentou unha queixa pola imposibilidade de facerse entender en neerlandés. O recluso recibiu xa varias amoestacións por non seguir as instrucións dos gardas.

Fonte: The Brussels Times

Washington contará cun museo dedicado á historia e influencia das linguas

A partir da primavera, Washington, capital dos EUA, albergará Word Planet, un museo interactivo dedicado á historia e a influencia das linguas e a comunicación.

Fonte: The GW Hatchet

O Perú contará cun total de 500 intérpretes de linguas indíxenas

O Ministerio de Cultura do Perú informou de que no ano 2020 o país andino contará con 500 intérpretes e tradutores de linguas indíxenas acreditados para traballar en institucións públicas.

Fonte: La República

Estonia celebra o Día das Linguas e Culturas Ugrofinesas

O ministro de Cultura de Estonia, Tõnis Lukas, saudou os nacionais de Hungría e Finlandia con motivo do Día das Linguas e Culturas Ugrofinesas e lembrou da necesidade de protexer os medios de expresión destes pobos xa que a maioría deles está en perigo de desaparición.

Fonte: ERR

As restricións orzamentarias poderían facer desaparecer unha radio que emite en occitano

A emisora en occitano Ràdio Occitània está nunha situación crítica despois de que a Oficina Pública da Lingua Occitana rexeitase subvencionala a causa de restricións de tipo orzamentario. 

Fonte: Jornalet

Un distrito de Irlanda do Norte rexistra case 100 ataques vandálicos a sinais escritos en gaélico en dous anos

O distrito de Mid Ulster en Irlanda do Norte rexistrou case 100 ataques vandálicos a sinais bilingües ou escritos en gaélico irlandés nos últimos dous anos. Nun deles mesmo instalaron cámaras de vixilancia polo elevado número de casos vandálicos que se rexistraron.

Fonte: The Irish News

Un docente alerta da desaparición do portugués europeo do ensino superior do Quebec

Un exdocente de portugués do Instituto Camões alertou da inexistencia actual de oferta de ensino de portugués europeo nas institucións quebequesas de ensino superior e iso a pesar da demanda crecente pola impartición deste idioma.

Fonte: País ao Minuto

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder