Mundo
Suíza implementará leis para garantir a competencia nas linguas oficiais dos residentes estranxeiros
O Goberno de Suíza implementará novas leis para garantir que os residentes estranxeiros teñan competencia en tres linguas oficiais: alemán, francés e italiano.
Fonte: The Local
O condado de West Lothian aproba un plan para a promoción do gaélico escocés
O condado escocés de West Lothian aproba un plan para a promoción do uso do gaélico e o seu ensino na escola dentro da súa xurisdición local.
Fonte: Daily Record
A cidade de Niza terá unha nova escola bilingüe occitano-francés
A cidade francesa de Niza terá a partir do próximo curso unha nova escola bilingüe onde os escolares poderán aprender, ademais do francés, o dialecto nizardo do occitano.
Fonte: Nice-Matin
Unha xornalista de fala saami está entre as mulleres máis influentes do mundo segundo a BBC

A corporación de noticias británica BBC incluíu a xornalista finlandesa Sara Wesslin na lista das cen mulleres máis influentes do mundo. Sara foi escollida con esta distinción polo seu traballo na salvagarda da lingua saami de Skolt, unhas das variedades máis ameazadas deste idioma urálico.
Fonte: News Now Finland
"Climate emergency" é a nova palabra do ano 2019 en inglés
Oxford Dictionaries declarou o sintagma "climate emergency" nova palabra do ano 2019 en inglés. No espazo de 12 meses, o uso deste termo incrementouse exponencialmente.
Fonte: The Guardian
India quere converterse en país observador da CPLP
O primeiro ministro indio, Narendra Modi, anunciou o seu interese en que a India se converta en país observador da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).
Fonte: Mundo Lusíada
"Respektrente" convértese na palabra do ano 2019 en alemán

A Sociedade da Lingua Alemá (SfdS, polas súas siglas en alemán) anunciou a palabra do ano 2019: "Respektrente". O termo fai referencia á pensión de xubilación que deben recibir as persoas xubiladas para vivir con dignidade.
Fonte: The Local
O presidente dos EUA apoiará máis medidas para preservar as linguas nativas
O presidente dos EUA, Donald Trump, asinou unha norma que estenderá as axudas para a preservación das linguas nativas que se falan no país.
Fonte: The Washington Times
Critican a redución do orzamento para a lingua galesa no Goberno do País de Gales
Defensores da lingua galesa criticaron a conxelación da partida orzamentaria destinada á promoción do galés no proxecto de orzamentos que presentou o Goberno do País de Gales.
Fonte: Nation Cymru
Presentan no Perú a primeira tese de doutoramento en lingua shipibo

Jovita Balarezo converteuse na primeira persoa do Perú en presentar unha tese de doutoramento na súa lingua natal, o shipibo. O estudo, que obtivo a cualificación de Cum Laude, defende o desenvolvemento das mulleres indíxenas na Amazonia peruana.
Fonte: El Comercio
Boletín
Subscríbase ao boletín