Mundo

O makhuwa continúa sendo a lingua máis falada de Mozambique

Con case 6 millóns de falantes, o makhuwa continúa sendo a lingua máis falada de Mozambique. O portugués, a lingua oficial do país africano, conta con 3,6 millóns de falantes.

Fonte: Verdade

 

Unha iniciativa busca salvagardar o futuro dixital da lingua galesa

A empresa de software Mozillla está animando falantes de galés de todo o mundo a gravar as súas voces en galés a través da plataforma de recoñecemento vocal Common Voices co obxectivo de mellorar os servizos dixitais en galés e salvagardar o futuro dixital do idioma.

Fonte: News from Wales

O alumnado finlandés de fala sueca consegue mellores resultados que aqueles que falan finés como lingua materna

O alumnado finlandés de último ano do ensino secundario que fala sueco como lingua materna consegue mellores resultados académicos que aqueles que teñen o finés como primeiro idioma.

Fonte: YLE

Países iberoamericanos crearán un Instituto de Linguas Indíxenas

Varios países iberoamericanos reuníronse en Bolivia para acordar a creación do Instituto de Linguas Indíxenas que velará pola preservación e desenvolvemento dos idiomas nativos que se falan nos seus territorios.

Fonte: La Vanguardia 

 

O xornal Washington Post amplía a súa oferta de servizos en lingua española

O xornal estadounidense The Washington Post amplía o seu contido en lingua española coa publicación dun podcast e columnas de opinión nesa lingua.

Fonte: Click on Detroit

Lisboa vai abrir un novo centro de ensino superior en lingua portuguesa

A partir do próximo ano lectivo, Lisboa abrirá un novo centro de ensino superior lusófono, o Instituto Politécnico da Lusofonía (IPLuso) que terá oferta educativa en diferentes áreas como administración, comunicación, arte, educación e saúde, entre outras.

Fonte: Diário de Notícias

Segundo un estudo, deben desenvolverse medidas para que os nenos e nenas do País de Gales falen galés fóra do ámbito da escola

Un informe elaborado polo municipio galés de Gwynedd revelou que se deben facer máis esforzos para garantir que os nenos e as nenas que falan galés no ámbito educativo sigan adoptando a lingua como código de comunicación social fóra da escola.

Fonte: Daily Post

Expertos en linguas indíxenas reúnense no Canadá para tomar medidas para preservalas

Un bo número de expertos en linguas indíxenas de diferentes países reuniuse en Victoria, capital da provincia canadense de Columbia Británica, para acordar medidas que as salven da extinción.

Fonte: News Vancouver Island

Un estudo revela que os bebés poden establecer ligazóns entre as linguas e os grupo étnicos

Un estudo elaborado na Universidade de Columbia Británica revelou que os bebés de máis de 11 meses poden aprender a establecer relacións entre as linguas e os grupos étnicos.

Fonte: Medicalxpress

O Goberno do Canadá aproba un modelo para avaliar o grao de aplicación das normas sobre linguas oficiais por parte das institucións públicas

O Goberno de Canadá acaba de publicar un modelo que medirá o grao de adecuación das prácticas públicas á lexislación en materia de linguas oficiais. Esta ferramenta pretende garantir a mellora da oferta de servizos públicos nas dúas linguas oficiais.

Fonte: Slator

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder