Mundo

Un centro de documentación portugués creará un arquivo de linguas ameazadas de Europa

O Centro Interdisciplinario de Documentación Lingüística e Social de Portugal (Cidles) reunirá toda a investigación pertinente para crear un arquivo especializado de linguas ameazadas de Europa.

Fonte: Público

 

 

O Estado e Israel aproba cursos universitarios en inglés como lingua de instrución

O Consello de Ensino Superior do Estado de Israel aprobou 26 novos cursos de grao ou posgrao que terán o inglés como lingua vehicular. O obxectivo é atraer alumnado internacional con bo desempeño académico.

Fonte: The Jersusalem Post

Baixa a porcentaxe de menores que ten o flamengo como primeira lingua en Flandres

Todas as provincias flamengas de Bélxica rexistraron nos últimos anos un descenso no número de nenas e nenos que teñen o flamengo como primeira lingua. Nalgunhas zonas, a porcentaxe de menores que fala outras linguas maternas é superior ao 50 %.

Fonte: The Brussels Times

O Google Tradutor podería incluír o tamazight entre as súas linguas

Unha petición en liña demanda que o tamazight ou bérber sexa incluído como lingua de traballo en Google Tradutor. O equipo da coñecida ferramenta de tradución automática respondeu que a proposta será tida en conta.

Fonte: Morocco World News

O Ministerio do Interior de Francia quere endurecer a proba de francés para conseguir a cidadanía

O ministro do Interior de Francia, Edouard Philippe, anunciou medidas para incrementar o nivel da proba de francés para os estranxeiros que queiran optar á cidadanía.

Fonte: The Local

O País Vasco francés aproba destinar diñeiro público á promoción do occitano

A Comunidade de Aglomeración do País Vasco, institución administrativa do País Vasco francés, aprobou unha partida orzamentaria para a promoción da lingua occitana naquelas zonas onde esta sexa lingua vernácula.

Fonte: Nationalia

O Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia celebra a xornada e a semana internacionais da francofonía

O Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia celebra a xornada e a semana internacionais da francofonía co fin de fomentar a lingua francesa falada por 300 millóns de persoas dos cinco continentes.

Fonte: France Diplomatie

Publican un dicionario de crioulo de Macau

Un investigador portugués publicou un dicionario do crioulo de Macau ou patuá que, segundo a ONU, está gravemente ameazado de desaparición.

Fonte: Dnoticias

Alertan da diminución no estudo de linguas modernas nas escolas das Terras Altas de Escocia

Alertan ao Consello das Terras Altas de Escocia que o número de matrículas en linguas modernas está diminuíndo nas escolas desta zona de Escocia e iso a pesar de que o Goberno escocés introduciu un plan para a promoción do estudo dunha ou varias linguas estranxeiras.

Fonte: The Inverness Courier

Crece o apoio a unha organización xuvenil de inmersión en lingua galesa

A organización xuvenil Urdd Gobaith Cymru, que ofrece actividades e apoio a xente nova de Gales por medio da lingua galesa, incrementou o seu número de membros en case mil persoas nos últimos 6 anos.

Fonte: North Wales Chronicle 

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder