Mundo
A ONU chama a preservarmos as linguas indíxenas do mundo
A Organización das Nacións Unidas (ONU) vén de lanzar oficialmente o seu Ano Internacional das Linguas Indíxenas co que pretende promover a revitalización dos idiomas nativos do mundo e evitar así unha perda de valor incalculable.
Fonte: UN News
Mobilízanse en Toulouse pola supresión do ensino do occitano nas escolas secundarias
Un grupo de máis de cen persoas participou nunha mobilización na cidade de Toulouse para protestar pola eliminación do ensino do occitano nas escolas secundarias. A medida deixará sen esta materia a uns 15000 estudantes.
Fonte: Nationalia
Segundo un informe, Irlanda do Norte precisa máis escolas infantís de inmersión en gaélico
Un informe elaborado polo Departamento de Educación de Irlanda do Norte revela que se necesitarían máis escolas infantís de inmersión en gaélico irlandés no territorio norteirlandés.
Fonte: Belfast Telegraph
A ONU emitirá un ditame sobre a situación da lingua galega

A Organización das Nacións Unidas (ONU), a través do seu relator especial Fernand de Varennes, emitirá un ditame sobre a situación da lingua galega despois da súa visita especial a España.
Fonte: Praza Pública
O Goberno de Gales planea a introdución de horas obrigatorias de ensino en inglés en escolas infantís de fala galesa
Asociacións educativas, pais e nais e profesorado das escolas infantís de fala galesa do País de Gales mostraron a súa preocupación ante as medidas do Goberno de Gales de introducir horas obrigatorias de ensino en inglés neses centros.
Fonte: BBC
A ONU dedica un número da súa publicación periódica ás linguas indíxenas

Con motivo do Ano Internacional das Linguas Indíxenas, a ONU decidiu dedicar un número da súa publicación The Unesco Courier aos pobos indíxenas e aos seus modos de expresión.
Fonte: UNESCO
Un estudo canadense revela que os bebés criados en dúas linguas desenvolven mellores capacidades de atención

Un estudo realizado na Universidade de York, no Canadá, revelou que os bebés de seis meses que están expostos a máis dunha lingua no ámbito familiar conseguen desenvolver unha mellor capacidade de atención que os criados nunha única lingua.
Fonte: EurekAlert
O presidente rexional de Normandía anuncia un plan para promover a lingua normanda
O presidente da rexión francesa de Normandía, Hervé Morin, quere dar luz verde a un proxecto para a promoción da lingua normanda. Entre as medidas figura a introdución da lingua no ensino e a creación dunha academia para normalizar o seu uso.
Fonte: Ouest France
O Parlamento do Canadá terá que traducir as intervencións que se pronuncien en linguas indíxenas
Os pobos indíxenas do Canadá acadaron un importante avance no recoñecemento das súas linguas nativas. A partir de agora, o Parlamento do Canadá estará obrigado a ofrecer servizo de interpretación de todas aquelas intervencións que se fagan nas linguas destes pobos orixinarios.
Fonte: The Guardian
O activista Tashi Wangchuk cumpre tres anos na cadea pola súa defensa da lingua tibetana
Organizacións a prol dos dereitos humanos volveron demandar a liberación do activista Tashi Wangchuk que cumpriu tres anos no cárcere por defender a lingua tibetana en China.
Fonte: RFA
Boletín
Subscríbase ao boletín