Mundo
Un estudo revela que os datos do censo do Reino Unido non reflicten a diversidade lingüística do país
Un grupo de investigadores da Universidade de Manchester revelou que as preguntas empregadas para elaborar o censo no Reino Unido poderían non reflectir a diversidade lingüística do país.
Fonte: The University of Manchester
Preto de 4500 persoas estudan portugués nas escolas de ensino medio de Macau
O Goberno de Macau informou de que unhas 4500 persoas estudan actualmente lingua portuguesa nas escolas de ensino medio de Macau. Tamén no ensino superior as cifras son boas e rexistraron un incremento dun 67 %.
Fonte: Diário de Notícias
O Instituto Camões cooperará con Guinea Ecuatorial en materia de promoción da lingua portuguesa
O Instituto Camões asinou un acordo coa Universidade Nacional de Guinea Ecuatorial para colaborar en materia de promoción da lingua portuguesa no país africano. O obxectivo é adaptar as institucións públicas ás necesidades da súa adhesión á Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).
Fonte: O Jornal Económico
Malaisia promoverá a aprendizaxe dunha terceira lingua no ensino
O ministro de Educación de Malaisia, Maszlee Malik, defendeu a necesidade de remodelar o sistema educativo para garantir que o alumnado poida dominar como mínimo unha terceira lingua, ademais do malaio e o inglés.
Fonte: Channel Newsasia
A Universidade de Bangor ten o maior número de estudantes que cursan licenciaturas integramente en galés
Estatísticas recentes revelaron que a Universidade de Bangor, no norte do País de Gales, é a que acolle un maior número de estudantes que cursan os seus estudos universitarios integramente en galés.
Fonte: The Bangor Aye
O mundo celebra o Día Internacional da Lingua Árabe
O mundo celebra o Día Internacional da Lingua Árabe para conmemorar o momento en que esta lingua se converteu en idioma oficial das Nacións Unidas.
Fonte: Egypt Today
O novo secretario da CPLP quere reforzar o papel do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa

O novo secretario executivo da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP), o portugués Francisco Ribeiro Telles, defendeu a necesidade de que o Instituto Internacional da Lingua Portuguesa asuma firmemente o seu papel de proxectar internacionalmente o portugués.
Fonte: Diário de Notícias
Varios acordos permitirán reforzar o ensino da lingua chinesa no ámbito universitario do Porto e Coímbra
Varios acordos asinados entre as universidades do Porto e Coímbra e asociacións culturais chinesas permitirán reforzar o ensino da lingua e a cultura chinesas nas dúas cidades portuguesas. Os convenios permitirán a creación do Centro Confucio da Universidade do Porto e o Centro de Estudos Chineses na Universidade de Coímbra.
Fonte: TV Europa
A lingua italiana acolleu máis de 3000 neoloxismos na última década
Entre o 2008 e o 2018, máis de 3500 novas palabras ou expresións entraron no dicionario italiano Treccani. A maior parte destes neoloxismos son produto da innovación tecnolóxica global.
Fonte: Tag 24
A facilidade do acceso ao mercado laboral no Xapón dispara a oferta de cursos de xaponés por toda Asia
A apertura do mercado de traballo xaponés a man de obra estranxeira está creando novas oportunidades a empresas de servizos lingüísticos que cada vez ofrecen máis cursos de xaponés nun bo número de países asiáticos.
Fonte: Nikkei Asian Review
Boletín
Subscríbase ao boletín