Mundo
Nova Zelandia celebra a Semana da Lingua Fidxiana
O ministro neozelandés de Pobos do Pacífico animou a cidadanía a valorar a lingua e cultura fidxianas con motivo da sexta Semana da Lingua Fidxiana que se celebra no país oceánico.
Fonte: The Fiji Times
O Xapón regularizará a entrada de traballadores estranxeiros cun novo exame de aptitude de lingua xaponesa
O Goberno do Xapón imporá un novo exame de xaponés para as persoas estranxeiras que queiran acceder ao seu mercado de traballo. O exame fará maior énfase en expresións prácticas do mundo laboral.
Fonte: Nikkei Asian Review
Falantes de gaélico irlandés demandan apoio económico para preservar a lingua

Diferentes colectivos de defensa do gaélico irlandés demandaronlle ao Goberno de Irlanda que aprobe un programa que garanta investimento suficiente para preservar a lingua e crear postos de traballo nas zonas onde se fala.
Fonte: The Irish Times
O Parlamento de Nova Zelandia reduce o tempo de interpretación en lingua de signos nas sesións plenarias
O Parlamento de Nova Zelandia anunciou que reducirá o tempo destinado á interpretación en lingua de signos nas sesións de preguntas orais. A medida responde a unha necesidade de non monopolizar estes servizos para que os profesionais poidan ofertalos tamén noutros ámbitos como os da saúde ou a xustiza.
Fonte: Scoop
A vila galesa de Monmouth contará coa primeira escola de inmersión en galés
A ministra de Lingua Galesa, Eluned Morgan, anunciou que a vila galesa de Monmouth, no condado de Monmouthshire, terá a primeira escola de inmersión en galés.
Fonte: Montmouthshire Beacon
Medra a demanda do portugués no mercado laboral asiático
Segundo informaron profesoras de ensino universitario de países como China e Vietnam, o dinamismo do mercado laboral asiático fixo posible que cada vez máis empregos demanden a lingua de Camões en todo o continente.
Fonte: SAPO
Un estudo da Oficina Nacional de Estatística do Reino Unido revela un incremento no número de falantes de galés
Unha sondaxe realizada pola Oficina Nacional de Estatística do Reino Unido revelou un incremento no número de falantes de galés desde o ano 2008. A noticia foi acollida con satisfacción polo Goberno do País de Gales e anímao a acadar o seu obxectivo do millón de falantes para o ano 2050.
Fonte: BBC
Estados iberoamericanos acordan crear un programa para a difusión da lingua portuguesa
Nunha conferencia celebrada en Guatemala, os ministros de Educación da Organización de Estados Iberoamericanos (OEI) decidiron crear un programa innovador para a promoción da lingua portuguesa. Entre as propostas figura a difusión de experiencias de bilingüismo e multiculturalismo entre os países de lingua portuguesa e española.
Fonte: Correio da Manhã
Máis de 7000 persoas tentarán conseguir o Certificado de Proficiencia en Lingua Portuguesa no Brasil

O Goberno do Brasil informou de que unhas 7000 persoas participarán este ano nos exames do Instituto Nacional de Estudos para conseguir o Certificado de Proficiencia en Lingua Portuguesa para Estranxeiros.
Fonte: Governo do Brasil
Máis de 1500 persoas participaron no proxecto andorrano de parellas lingüísticas
O proxecto de parellas lingüísticas "Voluntariat per la llengua" contou ao longo dos seus 14 anos coa participación de máis de 1500 persoas en Andorra. Esta iniciativa pon en contacto falantes de catalán con persoas que desexan aprendelo.
Fonte: La Vanguardia
Boletín
Subscríbase ao boletín