Mundo

Cada vez máis escolas de educación secundaria suízas implantan o sistema de ensino bilingüe

Cada vez máis escolas de educación secundaria de Suíza están implantando o ensino bilingüe alemán-francés, sobre todo en zonas con boas porcentaxes de falantes das dúas linguas.

Fonte: Swissinfo

A Universidade de Galway aplicará medidas para promover o uso do irlandés no ámbito universitario

A Universidade Nacional de Irlanda en Galway desvelou diferentes medidas para o novo curso académico coas que pretende promover o uso do irlandés e ampliar os servizos que se ofrecen nesta lingua. Entre as medidas, saliéntase a reserva de prazas en residencias para falantes de gaélico irlandés.

Fonte: The Irish Times

Irlanda do Norte levanta a prohibición de empregar o irlandés en sinais da rede viaria

O Alto Tribunal de Irlanda do Norte levantou a prohibición de empregar o gaélico irlandés en sinais da rede viaria no condado de Antrim e no distrito de Newtownabbey.

Fonte: The Irish News

A Asemblea Lexislativa de Río Grande do Sur aproba a permanencia do ensino do español nos centros educativos

A mobilización social a través dunha campaña permitiu que a Asemblea Lexislativa de Río Grande do Sur (Brasil) votase a favor de manter o ensino do español como lingua estranxeira nos centros educativos. A última reforma do ensino deixaba só o inglés como lingua obrigatoria.

Fonte: Gauchazh

O Instituto Cervantes de Belo Horizonte ofrece un curso de aproximación á lingua catalá

O Instituto Cervantes de Belo Horizonte (Brasil) ofrecerá o curso acreditado "Catalán ou español? Algunhas características distintas” co fin de achegar os asistentes á lingua catalá por medio da análise de aspectos contrastivos co español.

Fonte: Bhaz

O Ministerio de Educación de Francia quere que o alumnado de primaria vexa máis programas infantís en inglés

Como parte dunha estratexia para a mellora das competencias lingüísticas dos escolares franceses, o Ministerio de Educación de Francia anima o alumnado de primaria francés a ver máis programas infantís de televisión en lingua inglesa.

Fonte: The Telegraph

Portugal facilitaralles o acceso ao ensino superior aos estudantes que proveñan de países de lingua portuguesa

O Goberno de Portugal facilitará a obtención de visados de residencia a estudantes universitarios que procedan de países de lingua oficial portuguesa.

Fonte: Público

A eurodeputada Lidia Senra pide que se poida utilizar o galego no Parlamento Europeo

A eurodeputada galega Lidia Senra reclamou, durante un pleno celebrado no Parlamento Europeo, "igualdade" para o galego en todos os ámbitos, especialmente no dixital, así como a posibilidade de expresarse neste e noutros idiomas minoritarios na Eurocámara.

Fonte: GaliciaPress

Máis da metade do alumnado de secundaria do estado de Nova Jersey estuda unha lingua estranxeira

Un informe elaborado polos Consellos Americanos para a Educación Internacional revelou que o estado de Nova Jersey (EUA) é o que rexistra o índice máis elevado de alumnado de ensino secundario que estuda unha lingua estranxeira: 51 % fronte ao 20 % da media nacional.

Fonte: NJ1015

Unha investigación revela os mecanismos que operan cando cambiamos dunha lingua a outra

Un estudo da Universidade de Nova York revelou os diferentes mecanismos que operan cando mudamos instintivamente dunha lingua a outra. A investigación ofrece tamén novos datos sobre a natureza do bilingüismo.

Fonte: NYU

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder