Mundo

Nova Zelandia quere introducir o ensino do maorí en todas as escolas de educación primaria do país

O Goberno de Nova Zelandia quere que o ensino do maorí, unha das linguas oficiais do país, sexa introducido en todas as escolas de educación primaria antes de 2025.

Fonte: SBS News

O 2019 será declarado Ano Internacional das Linguas Indíxenas

Segundo información aparecida no seu sitio web, as Nacións Unidas declararán o ano 2019 como Ano Internacional das Linguas Indíxenas co fin de protexer a inmensa diversidade lingüística que existe no planeta e salvagardar os dereitos das persoas que falan estes idiomas.

Fonte: Language Magazine

Medra o uso do francés en Ruanda

Despois de que as circunstancias históricas levasen á substitución do francés polo inglés en Ruanda, o país africano está paulatinamente incrementando o uso da primeira lingua, sobre todo no ámbito educativo.

Fonte: Language Magazine

Un programa ofrecerá formación en lingua portuguesa a inmigrantes e descendentes en Portugal

O novo programa de inclusión social e emprego de Portugal ofrecerá formación en lingua portuguesa a inmigrantes e descendentes co fin de promover o seu desenvolvemento profesional e social.

Fonte: Comunidade Cultura e Arte

En Indonesia fálanse un total de 653 linguas nativas

O Ministerio de Educación e Cultura de Indonesia informou de que no país se falan un total de 653 linguas nativas. Esta cifra sofre variacións todos os anos e espérase que sexa maior con cada novo reconto.

Fonte: Language Magazine

Unha escola de ensino secundario de Nova Zelandia difunde unha aplicación móbil para aprender maorí

Con motivo da Semana da Lingua Maorí, a escola de ensino secundario Hobsonville Point de Nova Zelandia presentou unha aplicación móbil para aprender maorí e espera poder difundila a outros centros educativos.

Fonte: Stuff 

Lisboa acollerá unha exposición itinerante do Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo

A cidade de Lisboa acollerá a exposición itinerante A Língua Portuguesa em Nós do Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo.

Fonte: Observador

Cada vez máis alumnado escolle o portugués como lingua de estudo en California

O acordo asinado entre o Instituto Camões e a Luso-American Education Foundation para fomentar o ensino do portugués en California está a dar os seus froitos: cada vez máis alumnas e alumnos escollen o portugués como segunda lingua de estudo neste estado.

Fonte: Diário de Notícias

China divulga unha versión oficial do seu himno nacional en lingua de signos

O Goberno de China anunciou, en preparación para o novo curso académico, unha versión oficial en lingua de signos do himno nacional.

Fonte: Shanghaiist

A Comisión Europea lanza un concurso de tradución para escolas de toda Europa

A Comisión Europea lanzou o concurso Juvenes Translatores dirixido a estudantes de escolas de toda Europa co obxectivo de promover a aprendizaxe de linguas e a tradución.

Fonte: European Commission

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder