Mundo

Traducen unha longametraxe colombiana a unha lingua amazónica do Perú

A película de animación colombiana El Libro de Lila foi dobrada á lingua machiguenga, falada por unha comunidade amazónica do departamento peruano de Cuzco.

Fonte: El Tiempo

A primeira ministra de Nova Zelandia quere que a súa filla fale maorí

Nunha entrevista para a televisión pública neozelandesa, a primeira ministra de Nova Zelandia, Jacinda Ardern, declarou que a súa filla medrará falando tanto maorí como inglés.

Fonte: The New York Times

Cada vez máis adultos británicos deciden aprender alemán

O Instituto Goethe informou de que cada vez máis adultos británicos de entre 18 e 30 anos deciden aprender alemán co fin de ter acceso a máis oportunidades laborais.

Fonte: The Guardian

Unha estudante de doutoramento documenta unha lingua indíxena de Papúa Nova Guinea

Unha estudante de doutoramento da Universidade de Stanford nos Estados Unidos documentou o ende, unha lingua illada falada nunha zona rural de Papúa Nova Guinea.

Fonte: Stanford News 

O Brexit anima os cidadáns británicos a aprenderen linguas estranxeiras

O director da aplicación para o ensino de linguas Duolingo informou en declaracións a Sky News de que o Brexit está a animar os británicos a aprenderen linguas estranxeiras. Desde que se iniciou o proceso de separación do Reino Unido da Unión Europea, Duolingo rexistrou un incremento do 24 % no número de inscricións procedentes do Reino Unido.

Fonte: Sky News

Abre un centro de lingua coreana en Brasilia

Grazas a un convenio entre os gobernos de Corea do Sur e o Brasil, a Universidade de Brasilia inaugurará o centro Instituto Rei Sejong que se encargará da promoción do ensino do coreano na capital brasileira.

Fonte: Agência Brasil

Conmemórase o Día do Idioma Guaraní

Como cada 25 de agosto desde 1967, ano en que foi declarado lingua nacional, Paraguai celebra o Día do Idioma Guaraní co fin de promover e normalizar o seu uso.

Fonte: Agencia de Información Paraguaya

Taiwán quere adoptar o inglés como segunda lingua para promover a "competitividade internacional"

O primeiro ministro de Taiwán, William Lai, anunciou que o país pretende oficializar o inglés como segunda lingua co obxectivo de fomentar o seu coñecemento e a "competitividade internacional".

Fonte: Infobae

Un estudo universitario revela que respirar ar contaminado podería afectar negativamente ás habilidades lingüísticas

Un estudo da Universidade de Beijing revela que a mala calidade atmosférica dun lugar podería ter un efecto negativo nas destrezas lingüísticas dos seus habitantes.

Fonte: New Scientist

O Senado de Filipinas oficializa a lingua de signos no país

O Senado de Filipinas acaba de aprobar unha lei pola que se oficializa a lingua de signos filipina co fin de promover e facilitar a expresión e comunicación da comunidade xorda do país asiático.

Fonte: Rappler

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder