Mundo
Celébrase o Día Internacional das Linguas de Signos

Celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Linguas de Signos, data declarada polas Nacións Unidas co fin de reivindicar a importancia destes idiomas e defender a diversidade lingüística e cultural dos distintos países.
Fonte: EcoDiario
O Goberno de Portugal quere duplicar a presenza do portugués como lingua opcional no ensino público doutros países
O ministro de Asuntos Exteriores de Portugal, Augusto Santos Silva, anunciou que o Goberno de Portugal quere duplicar o número de países que ensinan o portugués como lingua opcional na educación primaria e secundaria.
Fonte: Correio da Manhã
Quebec terá que substituír os sinais das estradas en francés por pictogramas
Unha petición asinada por 7000 persoas obrigará o Goberno quebequés a substituír os sinais das estradas escritos só en francés por outros que conteñan pictogramas.
Fonte: Language Magazine
Suráfrica introducirá o ensino do suahili nas escolas
Representantes do Goberno de Suráfrica anunciaron que o suahili será introducido de xeito opcional nas escolas públicas a partir de 2020.
Fonte: Telesur
O Goberno do Canadá anuncia medidas para a preservación das linguas indíxenas de Saskatchewan
O Goberno do Canadá quere reverter o declive das linguas orixinarias da provincia canadense de Saskatchewan por medio da introdución de novas medidas e o traballo conxunto coas comunidades indíxenas.
Fonte: Language Magazine
En África o ensino nas linguas maternas é aínda moi minoritario na escola
Na maioría dos países africanos, o ensino das linguas maternas nos centros educativos é aínda moi simbólico a pesar de que a ONU advirta da necesidade de ensinar nelas para favorecer a aprendizaxe de nenos e nenas.
Fonte: Deutsche Welle
Tres novos centros de ensino secundario da cidade de Luxemburgo ofertarán a materia de lingua portuguesa
O regreso ás aulas en Luxemburgo produciuse cunha novidade na oferta da lingua portuguesa: tres novos centros de ensino secundario da cidade ofrecen o portugués como materia opcional.
Fonte: Contacto
O partido portugués CDS aposta polo ensino bilingüe nas escolas públicas
O partido portugués CDS (Centro Democrático Social - Partido Popular) incluirá no seu programa electoral o ensino bilingüe portugués-inglés nas escolas públicas.
Fonte: Público
Falantes nativos do crioulo portugués de Malaca fan esforzos por transmitirlles a lingua ás novas xeracións
Varios dos escasos falantes nativos do crioulo portugués de Malaca en Malaisia levan a cabo diversas iniciativas para transmitirlles a lingua ás novas xeracións e impedir a súa extinción.
Fonte: Aljazeera
O Ministerio de Educación de Irlanda quere darlle un pulo ao ensino das linguas estranxeiras
O Ministerio de Educación de Irlanda ofrecerá máis oportunidades de formación en linguas estranxeiras co fin de fomentar o ensino destas nos centros de educación secundaria.
Fonte: Irishtimes
Boletín
Subscríbase ao boletín