Mundo

O Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo abrirá as súas portas en 2019

Despois do incendio de 2015, o Museo da Lingua Portuguesa de São Paulo abrirá as súas portas en 2019 cunha colección máis globalizada que ofrecerá información tanto da variedade portuguesa do Brasil como das diferentes formas faladas noutras zonas lusófonas.

Fonte: Agência Brasil

Publican un dicionario da lingua indíxena salish da Illa de Vancouver

Investigadores canadenses publicaron un dicionario que recolle 12000 termos da lingua salish da Illa de Vancouver que servirá de base para aquelas persoas que queiran aprender este idioma orixinario canadense.

Fonte: CBC

Chile convértese en estado observador da CPLP

Un acordo bilateral entre Portugal e Chile permitirá que o país suramericano sexa a partir de agora estado observador asociado da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).

Fonte: Diário de Notícias

A redución orzamentaria ameaza a supervivencia do organismo central que coordina os asuntos relacionados coa lingua saami

A redución dos orzamentos anunciada polo Ministerio de Finanzas de Finlandia podería pór en risco a principal organización que vela polos asuntos da lingua saami en toda Laponia.

Fonte: YLE

Soben as inscricións en materias lingüísticas no primeiro ciclo do ensino secundario do Reino Unido

Sobe por primeira vez en cinco anos o número de inscricións en linguas modernas para obter o Certificado Xeral de Educación Secundaria do Reino Unido, título outorgado ao alumnado de entre 15 e 16 anos.

Fonte: TES

L'Alguer acolle un encontro sobre o futuro da lingua catalá nesta cidade

O pasado 20 de agosto celebrouse a sétima edición dun encontro sobre o futuro do catalán na cidade italiana de L’Alguer, organizado pola Obra Cultural de L’Alguer.

Fonte: Alguer

Unha organización política quebequesa aposta pola oficialidade da lingua de signos

O partido Quebec Solidario (QS) comprometeuse, se gaña as eleccións, a aprobar unha lei que recoñeza a lingua de signos como idioma oficial.  

Fonte: HuffingtonPost

Dobran por primeira vez unha película a lingua matsigenka

Por primeira vez, unha película ródase en lingua matsigenka, falada en Perú. Trátase do filme de animación El libro de Lila que se estrea na comunidade nativa de Timpía, en Cusco, o 24 de agosto.

Fonte: La República

Os consulados de Portugal no estranxeiro aceptarán documentos en español, francés e inglés

O secretario de Estado das Comunidades Portuguesas acaba de anunciar que os consulados de Portugal no estranxeiro van aceptar documentación en lingua española, francesa e inglesa para evitarlles ás persoas usuarias pagar os custos das traducións, así como aforrar tempo e simplificar as xestións.

Fonte: Luso Jornal

Os hospitais xaponeses contarán con dispositivos multilingües para atender persoas estranxeiras

Debido ao aumento de pacientes estranxeiros nos hospitais de Xapón, as empresas traballan no desenvolvemento de servizos multilingües para tratar de resolver as barreiras do idioma.   

Fonte: Portal Mie

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder