Mundo
Os novos modelos de análise textual permítenlles ás máquinas adquirir mellores destrezas lingüísticas
Os novos modelos de análise de palabras en contexto permiten que as máquinas poidan descifrar actualmente os problemas derivados da polisemia e adquirir mellores destrezas lingüísticas.
Fonte: TechCrunch
A cidade frisia de Leeuwarden acolle unha serie de actividades que teñen como eixe o galego

No marco do proxecto Pavillón das Linguas, a cidade frisoa de Leeuwarden (Países Baixos) acollerá a semana do galego cun amplo programa de actividades que terá como eixe a literatura.
Fonte: Galicia Confidencial
Unha campaña en liña tenta recadar diñeiro para financiar unha televisión en córnico
A Comunidade de Lingua Córnica lanzou unha campaña en liña co fin de recadar diñeiro para financiar unha televisión en lingua córnica.
Fonte: Nationalia
A lingua española perde forza en Marrocos como idioma estranxeiro
Hispanistas e profesores universitarios denuncian a precaria situación do ensino do español en Marrocos. O país veciño, tradicionalmente francófono, centra agora os seus esforzos de promoción na lingua inglesa.
Fonte: El Español
Un premio literario inclúe unha categoría propia para as obras publicadas en gaélico irlandés
O importante premio literario “Irish Book Awards” incluíu por vez primeira unha categoría separada para as obras publicadas en lingua gaélica.
Fonte: The Journal
Cada vez máis escolares británicos deciden estudar chinés e español no canto de francés
Segundo un informe elaborado polo British Council, o alumnado de secundaria do Reino Unido está deixando de estudar francés e alemán como primeira lingua estranxeira en beneficio do español e o chinés.
Fonte: Quartz
A literatura caboverdiana estará representada na feira do libro de Frankfurt
Un total de 20 editoras representará a literatura caboverdiana na feira do libro de Frankfurt (Alemaña).
O Ministerio de Xustiza do Reino Unido mellorará a atención en galés
O Ministerio de Xustiza do Reino Unido informou de que introducirá melloras inmediatas na atención en lingua galesa. A partir de agora, as ofertas de emprego serán bilingües e prestaranse máis servizos por medio do galés.
Fonte: Gov.uk
O hindi continúa sendo a lingua con maior falantes da India
Segundo datos do último censo de 2011, o hindi medra en número de falantes en toda a India e é xa a lingua materna do 43 % dos cidadáns indios. As linguas do sur do país e o inglés tamén rexistran un incremento en número de falantes.
Fonte: The News Minute
Un neno brasileiro de oito anos pide en Nova York que o portugués sexa lingua oficial da ONU

Un neno brasileiro de oito anos que publicou dous libros bilingües, en portugués e inglés, pediu por medio dunha carta en Nova York que o portugués sexa declarado lingua oficial das Nacións Unidas.
Fonte: Globo
Boletín
Subscríbase ao boletín