Mundo

Unha iniciativa quere fomentar o uso do francés na Illa do Príncipe Eduardo

A provincia canadense da Illa do Príncipe Eduardo quere mellorar o servizo de atención sanitaria promovendo o uso do francés entre os pacientes e organizacións do ámbito da saúde.

Fonte: Journal Pioneer

A vila galesa de Wrexham acolle unha carreira para promover o galés

Un total de 200 deportistas participará na carreira Ras yr Iaith (Carreira pola lingua) que terá como obxectivo a recadación de fondos destinados a actividades que promovan a lingua galesa.

Fonte: Wrexham

Venezuela aposta pola promoción da lingua portuguesa

O secretario de Estado das Comunidades Portuguesas, José Luís Carneiro, declarou que a promoción do ensino da lingua portuguesa é importante en Venezuela, xa que constitúe un factor de mobilidade para aqueles que queren regresar a Portugal ou a países de lingua portuguesa.

 

Fonte: Dnoticias

A crise migratoria a pé de fronteira nos EUA require do apoio de intérpretes en linguas menos comúns

A crise migratoria na fronteira dos EUA e México necesitou da axuda dun bo número de intérpretes de linguas menos comúns de México e Guatemala como o zapoteco e varios idiomas maias. O labor destes lingüistas a pé de fronteira foi fundamental para que os inmigrantes puidesen coñecer os seus dereitos.

Fonte: CS Monitor

Rusia abrirá unha canle de televisión en francés

Rusia anunciou que ten previsto abrir proximamente unha canle de televisión en francés na emisora estatal RT (Russia Today).

Fonte: Language Magazine  

O presidente da Comisión Europea descúlpase por dicir que os moldovos falan moldovo

O presidente da Comisión Europea pediu desculpas a un parlamentario romanés pola aparición no sitio web da Comisión Europa da frase "lingua moldova" cando debería figurar "lingua romanesa".

Fonte: Balkan Insight

Un crecente grupo de activistas quere reverter a substitución lingüística que existe actualmente en Hong Kong

Cada vez máis persoas en Hong Kong tentan concentrar os seus esforzos en reverter a crecente substitución lingüística do cantonés polo chinés mandarín. Entre estes individuos están agrupacións voluntarias como Societas Linguistica Hongkongensis (SLH).

Fonte: OZY

Google apoiará as plataformas publicitarias en telugu

Google India lanzou o soporte en telugu para os produtos Google AdWords e Google AdSense que permitirá que os anuncios publicitarios cheguen a un maior número de usuarios desta lingua india.

Fonte: The Indu

Segundo unha xurista da UE, está xustificado subvencionar películas nas distintas linguas que se falan en España

As televisións privadas españolas deben dedicar parte dos seus ingresos a financiar películas europeas tal e como lles obriga a lei española, ao non impedilo a normativa comunitaria, e deben destinar unha parte ás producións nalgunha das linguas oficiais de España, indicou unha avogada xeral do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (UE), Juliane Kokott.

Fonte: La Voz de Galicia

Cracovia terá unha cátedra para estimular o estudo do portugués

Un acordo entre o Instituto Camões e a Universidade Jagiellonski fará posible a creación dunha cátedra en Cracovia, no sur de Polonia, para estimular o estudo do portugués.

Fonte: Último Segundo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder