Mundo

O Centro de Lingua e Cultura Portuguesas de Moscova está en risco

O Centro de Lingua e Cultura Portuguesas de Moscova podería pechar proximamente dado que o seu director non consegue entrar en Rusia desde hai máis dun ano.

Fonte: SIC Notícias

Diferentes actos da diáspora galega seguen conmemorando a figura de María Victoria Moreno

A festa das letras galegas que conmemora este ano a figura de María Victoria Moreno esténdese alén das catro provincias galegas. Asociacións galegas de Londres, Xenebra e Bos Aires seguen a organizar actos para lembrar a escritora.

Fonte: RAG 

 

 

A reforma do ensino medio no Brasil retira a obrigatoriedade de ensinar español

Un bo número de cidades do estado brasileiro de Río Grande do Sur mobilizouse pola reforma do ensino medio no Brasil que retirou a obrigatoriedade de ensinar español nas escolas.

Fonte: VEJA

O Instituto Politécnico de Macau organiza un curso para profesores de portugués en China

Un total de 24 profesores e profesoras de portugués de 17 universidades chinesas participou no curso de verán de lingua portuguesa que organiza o Politécnico de Macau.

Fonte: Sapo 24

 

António Carlos Cortez vence o Premio de Poesía Teixeira de Pascoaes

Un poemario de António Carlos Cortez foi o vencedor da última edición do Grande Premio de Poesía Teixeira de Pascoaes da Asociación Portuguesa de Escritores (APE).

Fonte: Público

Twitter recoñece agora o suahili

O suahili convértese na primeira lingua africana recoñecida por Twitter. A rede social recoñece palabras e ofrece traducións desta lingua mais aínda non se inclúe nos seus axustes.

Fonte: Language Magazine

 

Un pobo indíxena do Paraguai demanda máis protección para a súa lingua nativa

Con ocasión dun congreso que analiza o status das linguas do Paraguai, o pobo indíxena nivaclé pediu maior recoñecemento para a súa lingua nativa co fin de crear a súa propia academia.

Fonte: Ñandutí

O Instituto Cervantes revela que nunha década os EUA terán máis falantes nativos de español que España

O Instituto Cervantes revelou nun informe que dentro dunha década os EUA superarán a España en número de falantes nativos de español. O director académico do Cervantes, Richard Bueno Hudson, declarou ademais que é no país americano onde medran con máis forza as cifras de falantes por un motivo exclusivamente demográfico.

Fonte: HispanTV

A lei en materia lingüística aprobada en Sardeña protexerá tamén o catalán

A nova lei de política lingüística aprobada en Sardeña que supón a oficialización da lingua sarda protexerá outras variedades lingüísticas faladas na rexión como o lígur, un dialecto do corso e o catalán.

Fonte: Generalitat de Catalunya

 

 

 

 

O Centro de Investigacións Pew dos EUA revela que a transmisión do español languidece co cambio xeracional

Un estudo publicado no Centro de Investigacións Pew revelou que a pesar de que un 85 % dos pais latinos falan español aos seus fillos e fillas, o dominio desta lingua decae co paso das xeracións.

Fonte: Language Magazine

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder