Mundo

Emítese un programa radiofónico en Filipinas para manter vivo o español no país

O programa radiofónico 'Filipinas ahora mismo' loita por manter vivo o español no país, coa emisión de cinco horas semanais de programación en castelán.

Fonte: El Mundo

A cidade de Nova York adopta unha nova política en favor das linguas dos seus habitantes

O concello de Nova York aprobou recentemente unha nova lexislación dirixida aos cidadáns neoiorquinos que falan unha lingua distinta ao inglés. Así, todos os organismos públicos deberán ofrecer información en, como mínimo, seis das linguas máis faladas da cidade, ademais do inglés: español, coreano, francés, italiano, ruso e chinés. O obxectivo desta nova lei é garantir que todos os cidadáns teñan acceso aos principais servizos directos como por exemplo a educación, a saúde etc.

Fonte: Linguamón

A Academia Colombiana de la Lengua crea o premio Ignacio Chaves

Este premio recoñecerá a mellor investigación sobre lingua española nas áreas de gramática, semántica, fonética, lexicografía, dialectoloxía e pragmática.

Fonte: El Universal

Planifican reforzar o ensino do inglés nos colexios peruanos

O director xeral de Educación Superior do Ministerio de Educación de Perú, Manuel Solís, dixo que se está estudando reforzar o ensino do idioma inglés nos colexios, co apoio de profesores acreditados de institutos e universidades do país.

Fonte: Andina

Créase a Academia de la Lengua Aymara

O acto da creación da Academia Nacional de la Lengua Aymara constitúe a materialización do compromiso establecido no plan Re-Conocer: Pacto Social por la Multiculturalidad, o cal sinala que "se deben implementar iniciativas destinadas a fomentar a lingua e a cultura indíxena", co fin de cultivar e preservar as linguas indíxenas de Chile.

Fonte: El Morrocotudo

As Illas Feroe contan cun modelo de inmersión lingüística similar ao catalán

O modelo lingüístico das Illas Feroe ten algo en común con calquera catalán, máis que ningún outro en Europa. Entre outras cousas, paradoxalmente os feroeses estudan máis horas á semana de español, é dicir, unha lingua estranxeira, ca de danés, a oficial do seu estado.

Fonte: El Mundo

Os alsacianos menos políglotas perden empregos en Suíza

Desde que o mercado de traballo é máis aberto en Suíza, os alsacianos atopan cada vez máis competencia cos alemáns e os asalariados de Europa do Este. A causa parece ser que a xuventude alsaciana é menos políglota que os seus pais.

Fonte: Eurominority

Un finlandés convértese no primeiro rapeiro xordo da historia ao cantar a través da lingua de signos

Marko Vuoriheimo é un finlandés de trinta años que, a pesar de que non escoitou nunca unha nota musical na súa vida, un día decidiu dedicarse a cantar rap no seu idioma, a lingua de signos finesa, converténdose no primeiro rapeiro xordo da historia.

Fonte: La Voz de Galicia

O Goberno do Piemonte pide que o occitano sexa declarado patrimonio mundial

O Goberno do Piemonte dará apoio á campaña iniciada pola Chambra d'Óc para que a Unesco declare a lingua occitana patrimonio mundial inmaterial. Xa hai dez días que comezou 'Occitania a pè', unha camiñada de 1300 quilómetros que ata o 7 de novembro percorrerá os territorios occitanos.

Fonte: Nationalia

O Centro Vasco de Bordeaux estrea a versión en éuscaro da súa web

Cada vez son máis os centros vascos do mundo que aproveitan as vantaxes que ofrece internet e deciden crear a súa propia páxina web como medio de comunicación cos seus socios e co público en xeral. Na maioría dos casos o idioma principal nestas páxinas adoita ser o do país onde se atopa o centro (español en Arxentina, inglés en EEUU...) pero hai cada vez máis centros que se esforzan por ofrecer tamén a versión en éuscaro. Un dos últimos en sumarse a este grupo é, precisamente, a Euskal Etxea de Bordeaux.

Fonte: Euskalkultura

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder