Mundo
Presentan unha proposta en Venezuela para demandar o recoñecemento oficial da lingua de signos
Persoas con discapacidade auditiva presentaron na Asemblea Nacional de Venezuela unha proposta para solicitar que a lingua de signos sexa recoñecida como idioma en todo o país.
Fonte: Primicia
Nova Zelandia celebra a Semana da Lingua Tuvalesa
O Ministerio de Pobos do Pacífico do Goberno de Nova Zelandia organiza actividades variadas co fin de conmemorar a Semana da Lingua Tuvalesa que conta cuns 3500 falantes no país insular.
Fonte: Community Scoop
O Instituto Portugués do Oriente organiza un encontro internacional con docentes de portugués
O Instituto Portugués do Oriente organiza na cidade chinesa de Macau un encontro internacional con docentes de portugués que tenta analizar o crecemento da lingua a nivel mundial.
Fonte: Diário de Notícias
O presidente de Portugal reitera na ONU a necesidade de que o portugués sexa unha das súas linguas oficiais

O presidente da República de Portugal, Marcelo Rebelo da Sousa, defendeu perante a Asemblea Xeral das Nacións Unidas o seu apoio a converter o portugués en lingua oficial da organización.
Fonte: RTP
A Unión Europea revela que o 65 % da poboación activa de Europa fala polo menos unha lingua estranxeira
A oficina estatística da Unión Europea, Eurostat, revelou que polo menos o 65 % das persoas en idade de traballar dos estados membros fala como mínimo unha lingua estranxeira. Un total de 8 estados (Suecia, Letonia, Dinamarca, Lituania, Luxemburgo, Finlandia, Malta e Estonia) teñen unha porcentaxe superior ao 90 %.
Fonte: Eurostat
Varias institucións ofrecen cursos gratuítos de lingua de signos no Brasil
Tanto o sitio en liña da Escola Virtual do Goberno do Brasil como algunhas universidades ofrécenlles aos cidadáns brasileiros a oportunidade de aprender de xeito gratuíto a lingua de signos.
Fonte: R7
Proponse a creación dunha axencia sobre o multilingüismo
A Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas (CALRE) propuxo a creación dunha axencia europea que promova o multilingüismo e vele polos dereitos dos falantes de todas as linguas de Europa.
Fonte: La Vanguardia
Tradúcese información a catro linguas indíxenas do estado brasileiro de Tocantíns
Co fin de integrar as comunidades indíxenas nos procesos electorais, o Tribunal Rexional Electoral do estado brasileiro de Tocantíns traduciu folletos informativos ás linguas de catro pobos indíxenas.
Fonte: G1
Europa celebra o Día Europeo das Linguas

Unha multitude de actividades conmemorará o Día Europeo das Linguas que como cada ano organiza o Consello de Europa e a Unión Europea o 26 de setembro.
Publícase unha edición actualizada do Dicionario da Lingua Portuguesa
A editorial Texto Editora anunciou a publicación dunha nova versión do Dicionario da Lingua Portuguesa que incluirá uns 3000 novos vocábulos e unha selección actualizada de verbos.
Fonte: Observador
Boletín
Subscríbase ao boletín