Mundo
Unha lei promoverá a lingua e a cultura hakka en Taiwán
Os deputados adoptaron unha lei que obriga o goberno a fixar un día nacional da cultura hakka e a promover o uso da lingua nas administracións locais onde a poboación estea composta por polo menos un terzo de membros desta comunidade lingüística.
Fonte: Taiwan Info
Hungría agradece a declaración da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa sobre a lei de linguas eslovaca
Hungría agradece a declaración do Alto Comisionado das Minorías Nacionais da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa sobre a mediación da OSCE na polémica entre Hungría e Eslovaquia no relativo á controvertida lei de linguas eslovaca.
Fonte: Politics
O sánscrito é a segunda lingua oficial no estado indio de Uttarakhand
Contra a carreira desenfreada de varios estados para declarar o urdu a segunda lingua oficial, o estado de Uttarakhand converteuse no primeiro do país en declarar o sánscrito a segunda lingua oficial.
Fonte: Organiser
Quebec endurece a súa postura sobre o uso do francés na rexión de Outaouais
A Oficina Quebequesa da Lingua Francesa está a reforzar a aplicación da Carta da Lingua Francesa desde a súa oficina de Gatineau para asegurarse de que as empresas de Outaouais utilizan principalmente o francés.
Fonte: Ottawa Citizen
As escolas de Tartaristán afirman que o ministro de Educación rebaixa de categoría a lingua tártara
Algunhas escolas de Tartaristán aseguran que o ministro de Educación de Rusia está intentando rebaixar de categoría o papel da lingua tártara.
Fonte: RFERL
Publícase un informe da UNESCO arredor da diversidade lingüística e cultural do planeta
Co título Investir na diversidade cultural e o diálogo intercultural, o obxectivo do informe é facer unha reflexión arredor dos retos da diversidade cultural, analizar as transformacións en curso das sociedades a fin de levar a cabo o seu seguimento e observar as súas tendencias actuais.
Fonte: Linguamón
Abre unha gardería en lingua córnica
Os nenos de Cornualles recibirán inmersión total na lingua e na cultura do seu condado cando abra unha nova gardería. Trátase da primeira destas características na rexión, na que se darán clases sobre o patrimonio córnico e tamén se animará os nenos a falar algo en córnico.
Fonte: Western Morning News
O presidente de Moldavia exerce presión para cambiarlle o nome á lingua moldava
O presidente en funcións de Moldavia, a risco de provocar un escándalo daniño, está exercendo presión para que a lingua nacional pase a chamarse romanés en lugar de moldavo.
Fonte: EurActiv
Fomentan o uso do mixteco entre a infancia no estado mexicano de Oaxaca
Co fin de fomentar o estudo e a práctica do idioma mixteco en comunidades indíxenas, nenos en coordinación cos seus mestres crearán textos, contos ou lendas nesta lingua para a súa publicación e lectura nas súas comunidades.
Fonte: Corresponsales Indígenas
A Wikilengua crea un atlas lingüístico oral
A Wikilengua puxo en marcha un atlas lingüístico oral para recoller as variedades do español no mundo cando este sitio, único de internet sobre o uso do español, supera os 11 millóns de páxinas visitadas desde 185 países, segundo fontes da Fundación do Español Urxente (Fundéu BBVA).
Fonte: EFE
Boletín
Subscríbase ao boletín