Mundo
Todo está preparado para que Gales asuma as competencias en materia lingüística
A Asemblea de Cardiff obterá o vindeiro 10 de febreiro a capacidade de aprobar leis para a promoción e o soporte da lingua galesa, ata agora desempeñadas por Londres. Ademais, establecerase un comisario para o galés, cuxo papel consistirá en asegurar que os organismos públicos e as compañías privadas dos sectores das telecomunicacións e os transportes empreguen esta lingua.
Fonte: Nationalia
Os mestres de Ucraína poderán usar no traballo outros idiomas ademais do ucraíno
O Tribunal Constitucional (TC) de Ucraína invalidou unha disposición gobernamental que obrigaba os mestres escolares a usar no traballo exclusivamente o idioma ucraíno.
Fonte: RIA Novosti
Expolangues 2010 clausúrase en París cunha grande afluencia de visitantes ao expositor do galego de Política Lingüística
Expolangues 2010 vén de clausurar o encontro de París cunha grande afluencia de visitantes ao expositor da lingua galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Fonte: Xunta de Galicia
O kurdo podería impartirse nas escolas públicas turcas
O kurdo podería ser introducido nas escolas públicas como curso facultativo no marco das reformas se prevían polo Goberno turco en favor da súa comunidade kurda.
Fonte: Nouvelles d'Arménie
Un experto prevé a extinción de 25 linguas bolivianas
Das 34 linguas que actualmente se falan en Bolivia, 25 afrontan un proceso irreversible de extinción que desembocará na súa desaparición total nos próximos anos. “Antes de 2100 —segundo afirma o lingüista holandés Pieter Muysken— quedarán só nove”.
Fonte: La Prensa
Xa están dispoñibles en internet varios textos en linguas indíxenas de Costa Rica
O portal web do Sistema Nacional de Bibliotecas (Sinabi) continúa ampliando o seu catálogo virtual e xa ten a disposición dos cibernautas varios textos sobre linguas autóctonas indíxenas de Costa Rica.
Fonte: Nación
O Goberno de Canadá favorece a vitalidade das dúas linguas oficiais na provincia de Ile-du-Prince-Edouard
James Moore, ministro do Patrimonio Canadense e das Linguas Oficiais,anunciou a concesión de financiamento a 14 organismos da provincia de Ile-du-Prince-Edouard. Este financiamento está destinado a unha serie de proxectos que favorecen a vitalidade das dúas linguas oficiais de Canadá: o francés e o inglés.
Fonte: Marketwire
O presidente da Comisión Europea ve "difícil" que a UE acepte máis linguas oficiais
O presidente da Comisión Europea, o portugués José Manuel Durão Barroso, ve "difícil" que os 27 Estados membro da Unión Europea (UE) acepten a incorporación de novas linguas oficiais.
Fonte: Europa Press
As autoridades mexicanas buscan unificar a escritura maia
Para que o maia se converta na primeira lingua indíxena con norma oficial en México, cómpre que os expertos na materia definan certas convencións lingüísticas. Con ese obxectivo foi creado o Obradoiro Interestatal de Normalización para a Escritura da Lingua Maia que nos próximos meses estará traballando neste desafío.
Fonte: BBC
A quinta parte das linguas indíxenas brasileiras está ameazada de extinción
A quinta parte das 154 linguas indíxenas que aínda se falan en Brasil está ameazada de extinción, segundo un estudo divulgado polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía deste país. Este estudo aclara ademais que Brasil contaba cun número maior de linguas indíxenas, pero que varias delas, nun número indeterminado, xa desapareceron.
Boletín
Subscríbase ao boletín