Mundo
Segundo un estudo, os flamengos son máis sensibles ás leis lingüísticas que os francófonos
Un habitante flamengo de cada tres das comunidades da periferia de Bruxelas móstrase preocupado polo emprego doutras linguas diferentes do neerlandés nos espazos públicos do seu municipio, revela un estudo realizado pola Vrije Universiteit Brussel.
Fonte: RTL Info.be
Aumentan os falantes de linguas indíxenas nas grandes cidades de México
Os falantes de linguas indíxenas mexicanas aumentaron a súa presenza nas grandes cidades do país, explicou a antropóloga Regina Martínez Casas nun foro organizado polo Instituto Nacional de Antropoloxía e Historia (INAH).
Fonte: EFE
O Instituto Goethe pon de relevo o plurilingüismo
O Instituto Goethe, dedicado á lingua e á cultura alemás, continúa promovendo a sensibilización acerca da importancia do plurilingüismo. Os expertos afirman que a falta de coñecemento de linguas estranxeiras en Europa está a prexudicar a economía.
Fonte: DW-World
Especialistas indíxenas desenvolven en Venezuela un software para linguas autóctonas
Especialistas indíxenas desenvolveron un software libre para xerar deseños propios nas linguas dos pobos autóctonos, informou a Rede Nacional de Voceiros Comunitarios Indíxenas de Venezuela (RENAVIVE).
Fonte: El Patagónico
A ministra de Educación de Irlanda do Norte esixe unha lei da lingua irlandesa
A ministra de Educación de Irlanda do Norte advertiu que a lingua irlandesa precisa ser consagrada nunha lei. Caitriona Ruane salientou a falta dunha lei da lingua irlandesa tras unha xuntanza cun comité europeo que analiza a aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.
Fonte: Belfast Telegraph
O Tribunal Supremo ruso ordénalle a Tartaristán que cambie a lei de linguas
O Parlamento de Tartaristán está a considerar emendas á lei sobre as súas linguas nacionais despois de que o Tribunal Supremo lle ordenase ao Goberno tártaro a harmonización da lei coa lexislación federal rusa.
Fonte: RFERL
O portugués é a segunda lingua máis usada no Twitter
Os investigadores do Web Ecology Project realizaron unha análise para identificar as linguas máis usadas no Twitter. A lingua portuguesa quedou no segundo lugar, só por detrás do inglés.
Fonte: IOL
A Unión Europea precisa intérpretes de lingua francesa
A Unión Europea fai un chamamento ante a seria escaseza de intérpretes de lingua francesa para os próximos 5 ou 10 anos.
Fonte: Boursier
O Consello de Europa insta a Armenia a garantir o uso das súas linguas minoritarias
O 24 de setembro, o Comité de Ministros do Consello de Europa fixo público o segundo informe sobre a situación das linguas minoritarias de Armenia. Este informe foi redactado por un comité de expertos independentes que analiza a aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias.
Fonte: Today
O ensino do español en Sudáfrica triplícase en dúas décadas
Aínda que se mantén en cifras moi modestas, o ensino universitario do español en Sudáfrica multiplicouse case por tres desde 1990, e de 160 estudantes hai dúas décadas pasouse a 450 na actualidade, segundo cifras do Instituto Cervantes.
Fonte: ADN
Boletín
Subscríbase ao boletín