Mundo
Un dicionario indíxena rescata unha lingua orixinal brasileira
Durante tres décadas, o médico anestesista Clovis Chiaradia coleccionou máis de 30 mil entradas orixinarias das familias lingüísticas tupí-guaraní, aruaque, caribe e macro-xé. Este traballo deu como resultado unha obra que rescata un idioma nativo: o Dicionário de Palavras Brasileiras de Origem Indígena.
Fonte: O Dia
O Goberno español deberá informar sobre o uso do catalán, galego e vasco na UE
O Goberno español deberá comparecer ante a Comisión Mixta da UE, antes de fin de ano, para dar conta do grao de cumprimento dos acordos asinados por España coas institucións europeas en materia de linguas cooficiais como o catalán, galego e vasco.
Fonte: EcoDiario
Conservan a lingua assiniboine, falada en Canadá e nos Estados Unidos
Antropólogos da Universidade de Indiana están conservando a lingua do pobo assiniboine, un grupo indíxena americano concentrado en Saskatchewan (Canadá).
Fonte: UPI
O esperanto pode converterse en materia optativa nas escolas de Brasil
A Comisión de Educación do Senado aproba o proxecto do senador Cristovam Buarque (PDT-DF) que determina que o esperanto sexa incluído na lista de materias optativas.
Fonte: Época
O dominio .eu rexistrará caracteres multilingües a partir de decembro de 2009
EURid, o organismo designado pola UE para xestionar os dominios .eu, anunciou o lanzamento dos dominios multilingües con esta extensión a partir do vindeiro 10 de decembro.
Fonte: Asociación PuntoGal
Anuncian o primeiro dicionario virtual de termos maias
O primeiro dicionario virtual de termos maias con métodos para descifrar a escritura glífica estará dispoñible en internet a partir do 21 de setembro, anunciou un dos investigadores do proxecto, Ignacio Cases.
Fonte: El Universal
Nace 'Galicia 21', a primeira revista dixital de estudos galegos
Galicia 21 edítase en formato bilingüe, cos textos en galego e en inglés. A Universidade de Cardiff e o Centro de Estudos Galegos en Gales da Universidade de Bangor financian a publicación.
Fonte: Vieiros
No mundo pérdese unha lingua cada dúas semanas
Segundo cálculos da Unesco no mundo pérdese unha lingua cada dúas semanas. No caso de México, todos os idiomas indíxenas se enfrontan a algún grao de dificultades, mesmo os que teñen un maior número de falantes.
Fonte: Milenio
Lanzan unha campaña en Xangai para promover o mandarín fronte ao dialecto local
A cidade de Xangai lanzou unha campaña para impulsar o uso do mandarín fronte ao dialecto local, moi estendido na metrópole, de cara á Exposición Universal de 2010, na que se espera a 70 millóns de visitantes, a maioría chineses doutras provincias.
Fonte: Finanzas
O Goberno de Canadá investirá 7,7 millóns de dólares en conseguir uns Xogos Olímpicos bilingües

O Goberno federal canadense investirá 7,7 millóns de dólares na mellora dos servizos arredor da lingua francesa coa finalidade de propoñer uns Xogos Olímpicos perfectamente bilingües.
Fonte: Toutleski.com
Boletín
Subscríbase ao boletín