Mundo

Denuncian a anglicización da televisión dixital en Quebec

A oferta de televisión dixital en Montreal está formada por non menos de 5-6 canles anglófonas por cada canle francófona. A televisión ocupa un lugar central na vida da maioría dos quebequeses e este desequilibrio lingüístico merece seguramente que se poña un maior interese neste tema.

Fonte: Amériquébec

Google lanza un servizo de tradución automática de documentos en 42 linguas

Google lanzou un servizo de tradución automática no procesador de textos en liña de Google Docs. A tradución faise «nuns poucos segundos» e a presentación do documento consérvase independentemente da lingua escollida.

Fonte: La Voz de Galicia

O ministro italiano Umberto Bossi impulsa a edición de diarios bilingües en varias linguas

La Padania, diario oficial da Liga Norte, dirixido polo ministro Umberto Bossi, acaba de saír en edición bilingüe italiano e véneto, bergamasco, piemontés e friulano.

Fonte: Diario de Córdoba

A presenza do galego é escasa nos fondos da biblioteca dixital da UE

O museo virtual desenvolvido pola Unión Europea baixo o nome de Europeana conta xa con 4,6 millóns de documentos dixitalizados. Non obstante, os usuarios non atoparán nesta iniciativa comunitaria unha ferramenta útil para poder consultar por internet textos, vídeos ou gravacións en galego, xa que a presenza desta lingua é, agora mesmo, sinxelamente anecdótica.

Fonte: Xornal.com

A lingua náhuat renace en El Salvador

En 2003 quedaban só uns 200 falantes de lingua náhuat en todo o país. Seis anos despois, arredor de 3000 estudantes de once escolas reciben clases deste idioma.

Fonte: El Salvador

O vicepresidente de Nepal persevera na súa negativa de volver a xurar o cargo en nepalí

O vicepresidente de Nepal, Parmananda Jha, negouse a revalidar o seu cargo xurándoo en lingua nepalí, de acordo cunha sentenza emitida en xullo polo Tribunal Supremo.

Fonte: ADN

Lanzan un sitio web multilingüe para favorecer a integración dos inmigrantes en Suíza

A asociación Web for Migrants lanza un sitio en internet que lles ofrece aos inmigrantes información e consellos na súa lingua materna. Ata o momento está dispoñible en once idiomas.

Fonte: Le Matin

Celebran un acto de protesta contra a nova Lei do idioma estatal de Eslovaquia

Aproximadamente unhas dez mil persoas asistiron na cidade eslovaca de Dunajská Streda (Dunaszerdahely) a un acto organizado polo Partido da Coalición Húngara SMK-MKP, para protestar pola nova Lei do idioma estatal, que entrou en vigor o 1 de setembro.

Fonte: Radio Slovakia International

A Televisión Central de China terá unha canle en lingua rusa

A estatal Televisión Central de China (CCTV) iniciará o 10 de setembro as emisións dunha canle en lingua rusa, co que pasará a ter un total de cinco canles en idiomas estranxeiros.

Fonte: Centro de Información por Internet de China

Timor-Leste ratifica o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa

Timor-Leste converteuse no quinto Estado membro da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) en ratificar o Acordo Ortográfico da Lingua Portuguesa, segundo anunciou o Ministerio de Cultura de Portugal.

Fonte: Expresso

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder