Mundo

Os pobos mazatecos de Oaxaca (México) conservan unha das poucas linguaxes a base de asubíos que existen no mundo

Quizá sobrevivente de antigas formas de comunicación, como o facían grupos tribais a través de sinais de fume ou símbolos marcados nas árbores, os pobos mazatecos de Oaxaca posúen unha linguaxe a base de asubíos que está pouco estudada.

Fonte: En el Show

O Parlamento de Nepal emenda a Constitución para que o vicepresidente xure na súa lingua materna

A emenda estipula que o presidente, o vicepresidente e o primeiro ministro poden tomar posesión dos seus cargos xurando nas súas linguas maternas ademais da nacional, o nepalí.

Fonte: ABC

Un deputado denuncia a política de discriminación lingüística de Ucraína

Ucraína practica unha política de discriminación lingüística contra os ucraínos que falan ruso, húngaro, romanés ou outras linguas, declarou en Kiev Vadim Kolesnitchenko, deputado no Parlamento deste país e presidente da ONG Ukraine russophone.

Fonte: RIA Novosti

O impulso lingüístico salva o galés da extinción, que se daba por segura

O galés está a experimentar un renacemento que o afasta dunha extinción tida por inevitable desde mediados do século pasado. En 1991 tiña 508.100 falantes, el 18,7 % da poboación; en 2001 xa contaba 582.400 e en 2004 alcanzou os 611.000, máis do 20 % da poboación.

Fonte: La Voz de Galicia

Varias asociacións socioculturais de Mauricio móstranse contrarias á introdución do crioulo mauriciano na escola

Quince asociacións socioculturais de Mauricio opóñense á introdución do crioulo mauriciano como lingua de ensino nas escolas, pois consideran que esta elección non achegará nada e só valerá para penalizar os alumnos.

Fonte: Zinfos 974

Aumenta en Arxentina o interese por aprender a falar linguas orixinarias

Se ben aínda é pouco usual que os institutos de idiomas en Bos Aires ensinen linguas orixinarias, hai algúns espazos que xa ofrecen esta alternativa e teñen cada vez máis interesados. Como o Centro Universitario de Idiomas (CUI) da Universidade de Bos Aires, que en tres anos multiplicou por oito o número de alumnos de quechua, mapuche e guaraní.

Fonte: La Nación

Política Lingüística difunde a lingua e a cultura galegas en París nunha feira internacional con máis de oitenta idiomas

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria participa ata o día 6 de febreiro na Expolangues 2010. Trátase dunha feira internacional na que participan trinta países e máis de oitenta linguas e que, desde hai 25 anos, busca promover o estudo das linguas, favorecer o multilingüismo e desenvolver a comunicación internacional.

Fonte: Xunta de Galicia

Traducen ao náhuatl a Constitución de México

En México existen máis de dous millóns de falantes de lingua náhuatl. Sempre foi o idioma indíxena con maior número de falantes e o que mantivo máis vixencia no territorio mexicano. Agora, por primeira vez, a Constitución Política dos Estados Unidos Mexicanos foi traducida a este idioma.

Fonte: Excélsior

O catalán usa Expolangues para reivindicar o seu status en Francia

O vicepresidente da Generalitat de Catalunya, Josep Lluis Carod-Rovira, liderou en París os actos da feira Expolangues 2010, na que a lingua catalá figura como invitada de honra.

Fonte: Público

Desaparece na India a lingua bo coa morte da súa última falante

A lingua bo, un dos dez idiomas do grupo tribal gran andamanés, da India, quedou extinguida coa morte da súa última falante, informou nun comunicado a organización Survival International.

Fonte: La Rioja

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder