Mundo
Turquía planea permitir unha radio e televisión privadas en lingua kurda
Turquía proxecta diminuír aínda máis as restricións para realizar emisións en lingua kurda na radio e na televisión ao permitir unha canle privada, como parte dos esforzos dirixidos a ampliar os dereitos, segundo informou un xornal.
Fonte: World Bulletin
Alemaña é o país que ofrece máis cursos universitarios en catalán
Alemaña é o país con máis universidades que ofrecen ensino de lingua, cultura e literatura catalá, seguido do Reino Unido, Francia, Italia e Estados Unidos, segundo datos ofrecidos polo director da Área de Lingua e Universidades do Instituto Ramon Llull, Andreu Bosch.
Fonte: ADN
Xeorxia estaría disposta a concederlle un estatuto rexional á lingua armenia
"Xeorxia está disposta a discutir sobre a cuestión de asignarlle á lingua armenia o estatuto de lingua rexional no país" segundo declarou Grigol Vashadze, ministro xeorxiano de Asuntos Exteriores.
Fonte: France-Arménie
O Ministerio de Cultura de Francia fai un chamamento á francesización do vocabulario de internet
O Ministerio de Cultura lanzou un folleto que contén algunhas directrices relativas ao vocabulario de internet. Baixo o título Vous pouvez le dire en français (Pode dicilo en francés), propón substituír termos moi estendidos por neoloxismos ás veces un pouco arrevesados.
Fonte: Miwim
A Universidade de Caxemira lanza o primeiro dicionario trilingüe inglés-caxemiro-hindi
A Universidade de Caxemira lanzou o primeiro dicionario en liña trilingüe inglés-caxemiro-hindi Kashmiri Zaban, que contén máis de 12.000 palabras.
Fonte: Press Trust of India
Google incorpora o galés ao seu servizo de tradución
O galés uniuse ao galego, ao suahili e ao yiddish e figura entre as 51 linguas incluídas no servizo de tradución de Google. Os profesores déronlle a benvida á decisión desta empresa con sede en California ao considerar que se trata "dun desenvolvemento positivo" para a lingua.
Fonte: Wales Online
A EBLUL valora o progreso realizado para resolver a cuestión da lei de linguas eslovaca
Nun comunicado de prensa publicado pola sede central da EBLUL (Oficina europea para as linguas menos usadas) en Dublín, o presidente Neasa Ní Chinnéide valora os resultados da xuntanza bilateral entre o primeiro ministro eslovaco Robert Fico e o húngaro Gordon Bajnai que se centrou na lei de linguas eslovaca.
Fonte: EBLUL
O novo Programa de apoio aos dereitos lingüísticos de Canadá non consegue a unanimidade entre os avogados especialistas
O aspecto da mediación previsto no novo Programa de apoio aos dereitos lingüísticos do Goberno federal non consegue unanimidade entre os avogados especialistas. Neste programa, que debería pórse en marcha antes de finais deste ano, está prevista a mediación co fin de regular todo conflito que afecte aos dereitos lingüísticos.
Fonte: Cyberpresse
Presentan o primeiro software tradutor de español a náhuatl
Este software permite traducir un libro de texto de 62 páxinas en tan só dúas horas. Utiliza un dicionario de frases, polo que a tradución é moito máis fiable.
Fonte: Milenio
O español será un dos idiomas estranxeiros optativos na educación secundaria grega
O idioma español será a partir do presente curso unha das linguas estranxeiras optativas no ensino secundario grego, segundo informou en Atenas a embaixada de España en Grecia.
Fonte: El Confidencial
Boletín
Subscríbase ao boletín