Mundo
Bangladesh pídelles as Nacións Unidas que o bengalí sexa lingua oficial

A primeira ministra de Bangladesh, Sheikha Hasina Wajed, pediulles ás Nacións Unidas que adopte o bengalí como unha das súas linguas oficiais.
Fonte: Bangladeshinfo
A maioría dos estudantes europeos aprende dúas linguas estranxeiras
O 60 % dos estudantes dos cursos superiores de educación secundaria estuda dúas ou máis linguas estranxeiras, segundo as cifras publicadas pola Oficina estatística europea, Eurostat. Non obstante, o 6 % non estuda ningunha lingua estranxeira, segundo amosan os datos, mentres que un terzo dos estudantes só aprende unha.
Fonte: EurActiv
Moldavia pensa cambiarlle o nome á lingua do país
O primeiro ministro afirmou que a lingua moldava recibiu este nome baixo a presión de ideas conxunturais e que non significa nada. "Os moldavos falan romanés do mesmo xeito que os estadounidenses falan inglés. O nome da lingua do país pode cambiar no futuro e pasar de chamarse moldavo a romanés".
Fonte: APA
A Comisión Europea lanza un xogo en liña para promover o multilingüismo
A Comisión Europea (CE) puxo a disposición dos internautas o videoxogo "Linguago", desenvolvido polo departamento comunitario de tradución co fin de promover o multilingüismo dentro da UE.
Fonte: Canarias7
Tres de cada catro adultos húngaros de entre 25 e 64 anos non saben falar ningunha lingua estranxeira
Tres de cada catro adultos húngaros de entre 25 e 64 anos non saben falar ningunha lingua estranxeira, pero polo menos o 99 % dos estudantes de secundaria aprende unha ou máis linguas estranxeiras.
Fonte: Budapest Times
Celébrase un foro especial para conmemorar o 50.º aniversario da lingua malaia en Malaisia
Celebrouse un foro na Oficina da Lingua e a Literatura en Beralcas para conmemorar o 50.º aniversario do malaio como lingua oficial de Malaisia.
Fonte: BruDirect
A Universidade Nacional Autónoma de México inaugura a Academia de Linguas Mexicanas

José del Val Blanco, director do Programa Universitario México, Nación Multicultural (PUMC) da Universidade Nacional Autónoma de México, sostivo durante o acto de inauguración que as persoas que nacen nun territorio bilingüe teñen dereito ao uso das linguas.
Fonte: Universia
Bragança acollerá o Museo da Lingua Portuguesa
A cidade de Bragança vai acoller un Museo da Lingua Portuguesa, o segundo proxecto deste estilo, que se propón contar a historia deste idioma desde o primeiro documento escrito en galaico-portugués.
Fonte: DN Portugal
Celébrase unha manifestación en defensa do provenzal
Centenas de manifestantes demandaron que o proxecto de lei sobre as linguas rexionais de Francia recoñeza o provenzal, en lugar de consideralo un simple dialecto dunha lingua occitana estandarizada.
Fonte: EiTB
Facebook xa está dispoñible en latín
Segundo anuncia o blog de Facebook, xa podes visualizar a rede social en latín que pasa de ser considerada unha lingua morta a converterse en materia viva para quen queira cambiar o seu perfil de usuario.
Fonte: Qué
Boletín
Subscríbase ao boletín