Mundo

O uso do irlandés é moi reducido nos tribunais

Nos tribunais de Irlanda usouse un total de 71 linguas o ano pasado, pero o irlandés nin sequera está entre as dez primeiras, segundo o Comisionado da Lingua Irlandesa.

Fonte: Irish Times

O concurso europeo da canción en linguas minoritarias desenvolverase nos Países Baixos

O concurso europeo da canción en linguas minoritarias Liet International celebrará este ano a súa sexta edición. Nesta ocasión, os participantes interpretarán cancións contemporáneas en idiomas como o asturiano, o friulano, o frisón, o gaélico, o occitano ou o sardo, entre outros.

Fonte: Capcampus

Unha senadora demanda o recoñecemento do crioulo da illa de Reunión

A senadora Gélita Hoarau solicitoulle ao ministro de Educación que o crioulo de Reunión sexa recoñecido como unha lingua de pleno dereito no ensino.

Fonte: Clicanoo

A Cámara dos Comúns de Quebec apoia unha moción que obriga os inmigrantes a aprender francés

A Cámara dos Comúns adoptou unanimemente unha moción para recoñecer o dereito do goberno de Quebec de garantir que os inmigrantes que se instalen na provincia aprendan francés antes que inglés.

Fonte: Canoë

O Goberno de Taiwán interésase pola política lingüística da Generalitat de Catalunya

Unha delegación do Goberno taiwanés reuniuse co secretario de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya para coñecer cal é a situación da lingua catalá e as políticas que executou o Goberno no campo da lexislación lingüística e os medios de comunicación.

Fonte: Generalitat de Catalunya

As universidades de Canadá deben facer máis a prol do bilingüismo

Un estudo recomenda que o Goberno federal outorgue unha axuda financeira coa finalidade de que os estudantes universitarios dispoñan de máis posibilidades de perfeccionar o seu coñecemento de francés e de inglés.

Fonte: L'Etoile

Celébrase en Londres a feira The Language Show 2009

The Language Show é o maior acontecemento do Reino Unido para as persoas que aprenden ou ensinan linguas, os lingüistas ou para toda persoa á que lle gusten as linguas. A feira ofrécelles aos entusiastas da lingua toda a axuda, asesoramento e recursos necesarios para aprender ou ensinar linguas, todo baixo o mesmo teito.

Fonte: The Language Show

O español sobe ao segundo lugar como lingua materna no mundo e ocupa a terceira posición en internet

O español sobe ao segundo lugar como lingua materna no mundo e ocupa a terceira posición en internet tras o inglés e o chinés. Estas son dúas das principais novidades anunciadas pola directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel, que se fixo eco dun estudo da revista Ethnology.

Fonte: ADN

A aprendizaxe do alemán volve aumentar en Francia

A aprendizaxe do alemán polos estudantes franceses volve progresar lixeiramente, con 823.277 alumnos a comezos de 2009, despois da tendencia á baixa predominante desde había varios anos.

Fonte: AFP

O Goberno de Venezuela capacita axentes de atención primaria en linguas indíxenas

O primeiro grupo de 40 axentes de atención primaria de saúde nas comunidades indíxenas da Serra de Perijá (Venezuela), capacitados en linguas barí e yukpa, recibiu a súa certificación o pasado 28 de outubro.

Fonte: Agencia Bolivariana de Noticias

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder